F. JAVIER VILLAR TEIJEIRO Bibliotecas, Arquivos e Museos de Galicia reunímonos para celebrar, o 16 de novembro, o Día do Patrimonio Mundial cunha oferta conxunta de contidos e actividades que poñen en valor o patrimonio cultural e colectivo de Galicia.As actividades desenvólvense de xeito presencial e na rede, e na BUSC, contribuimos cunha … Seguir lendo
Un novo mapa histórico e singular de Galicia atópase xa no repositorio Minerva da USC onde pode ser consultado, visualizado e descargado de forma libre e gratuita. Neste caso trátase, non dun mapa solto, senon dun mapa contido nun atlas impreso en Amberes en 1609, o Epitome Theatri mundi, edición de bolsillo do famoso … Seguir lendo
Vense de depositar en Minerva unha versión actualizada da Guía de depósito de traballos de fin de grao e máster. Trátase dun documento que poda servir como referente ao persoal das bibliotecas para facer envíos de documentación ao repositorio, aínda que tamén consideramos que é de interese para tódalas persoas vencelladas a investigación, as e … Seguir lendo
Recentemente a Vicerreitoría de Investigación e Innovación da USC ditou unha Instrución sobre normalización da afiliación institucional nas publicacións cuxa autoría esté vinculada ao persoal da Universidade de Santiago de Compostela , na que se recomendaba ao PDI o emprego do código de identificación ORCID. ORCID (Open Researcher and Contributor ID) é unha organización internacional … Seguir lendo
Como cada ano dende 2008, a SPARC (Scholarly Publishing and Academic Resources Coalition) organiza a Semana Internacional do Acceso Aberto coa finalidade de promocionar e difundir políticas en favor do movemento coñecido como Open Access ou Acceso Aberto. A iniciativa do acceso aberto promove o acceso libre e gratuíto á literatura científica e académica en … Seguir lendo
Isabel Casal Reyes Parece axeitado que aproveitando a conmemoración da Sétima Semana Internacional do Acceso Aberto, fagamos dende a BUSC un balance trala apertura do Repositorio Institucional Minerva á Comunidade Universitaria na modalidade de autoarquivo en xaneiro de 2014. Apuntemos algunhas cifras: Número de documentos depositados en Decembro de 2013—>8848 Número de documentos na actualidade–> … Seguir lendo
Coincidindo coa Semana Internacional de Acceso Aberto, a Vicerreitoría de Investigación e Innovación coa colaboración da Biblioteca Universitaria, organiza o vindeiro venres día 24 un taller de presentación de Minerva, Repositorio Institucional da USC (http://minerva.usc.es/), así como das prestacións que oferta para xestionar o proceso de Open Access da producción científica dos investigadores da USC. … Seguir lendo
Hoxe temos o grandísimo pracer de traer a este blog un artigo escrito expresamente para nós por Margarita Santos Zas, profesora titular de Literatura Española na Facultade de Filoloxía da USC e directora da Cátedra Valle-Inclán na mesma Universidade. Neste artigo, a profesora comenta e explica a valía extraordinaria do … Seguir lendo
FRANCISCO JAVIER VILLAR TEIJEIRO Hai tempo que me subscribira ás alertas do noso Repositorio Institucional Minerva, e dende entón recibo a diario un correo electrónico coas novas dixitalizacións ou obxectos dixitais que ingresan nel. Hoxe gustaríame compartir o milagre da transformación de 16 páxinas de papel bastante bastante vello nun PDF accesible dende miles de … Seguir lendo