Recursos electrónicos, Varios

6 de maio, día internacional sen DRM

dadrm_2014_block (1)

 

Lendo o imprescindible blog Comunicación Cultural, decatámonos de que o 6 de maio, fixose unha chamada a acción en contra do uso do DRM (Digital Restrictions Management).  Por medio destes sistemas impídese a creación de copias dun determinado producto dixital, sexa ebook ou música, defendendo a industria o uso deste procedemento para evitar a chamada piratería. Segundo a Free Software Foundation mediante a súa web Defective by Design , en realidade o que se fai é limitar o uso e o libre espallamento cultural, ademáis de ir en contra do uso de modelos abertos, que fomenten a cooperación e demostran, ademais, que non son realmente efectivos coma bloqueo, poden ser cuestionables en canto ao respeto que fan ou non da liberdade do usuario – aínda lembramos o “affaire” Amazon/ Orwell, polo que “desapareceu” dos dispositivos dos usuarios a devandita novela, debido a un problema de dereitos de autor- e encarecen o producto final, sendo un valor engadido non solicitado polo usuario e que complica a xestión da súa biblioteca persoal (se prestamos en papel libros a amigos poderíamos facelo en dixital, dado que pagamos por ese contido). Por outra banda, no caso dos libros electrónicos, complica en gran medida o seu uso polas bibliotecas. Nunha entrevista  de Arantxa Mellado a  Ursula Mackenzie, CEO de Little, Brooks, sublíñase que o uso do DRM é, en realidade, para restrinxir que os libros se compartan “demasiado”. Podedes ler esta entrevista aquí .

Sen uso do DRM hai modelos posibles, e temos unha listaxe de editoriais que prescinden deste modelo restrictivo. 

Estes e outros motivos que cuestionan o uso do DRM podedelos ler aquí

 

drm against

Imaxe da campaña “Readers against DRM”

 

 

 

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar un comentario

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Día das Letras Galegas 2019

Antonio Fraguas Fraguas