BUSC, Galicia, Pasaron por aquí...

O Pazo de Fonseca e o Laboratorio Móbil de Farmacia do ano 37

Dende hai tempo, a Biblioteca Nacional de España ven exercendo unha progresiva dixitalización de imaxes procedentes da Guerra Civil española, engadindo unha colección máis á Biblioteca Digital Hispánica.  O pasado día 23, publicóuse unha nova no seu blog no que anunciaban unha nova achega de preto de 11000 imaxes.  Posteriormente, lemos en Disquecool un artigo titulado Galicia en guerra: a Galicia da Guerra Civil nas fotografías da Biblioteca Nacional no que comentaban a devandita nova e tamén engadían diversas imaxes desta nova aportación documental.

Entre as imaxes, chamóunos moito a atención esta:

 

Verso da fotografía na que aparece a data, a descrición e as signaturas. Apreciamos tamén o selo da “Delegación del Estado para prensa y propaganda”. Ano 1937.

Recoñecemos aquí inmediatamente o Pazo de Fonseca, hoxe  Biblioteca Xeral da USC, que, en tempos, foi a Facultade de Farmacia. As mulleres que aparecen na fotografía traballaban como voluntarias nos inicios da Guerra Civil española no Laboratorio de Farmacia Militar. A fotografía, datada en xullo de 1937, amosa o  vehículo que funcionaba como “farmacia móbil” e coñecido como modelo Santiago de Compostela.  A tarefa destas mulleres aparece ben recoñecida no artigo El trabajo de las mujeres voluntarias en el laboratorio de Farmacia Militar de Santiago de Compostela (1936-1939) Nesta investigación, realizada polas profesoras Brasa Arias e Landín Pérez, cóntase dende a organización do propio laboratorio ata o diseño e desenvolvemento da unidade móbil. Agréganse tamén os nomes das mulleres que alí traballaron.

Os básicos para o traballo na unidade móbil de Farmacia do ano 1937.

 

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar un comentario

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Día das Letras Galegas 2019

Antonio Fraguas Fraguas