BUSC, Ferramentas, Formación, Recursos electrónicos

Agora con EndNote, cita, redacta a bibliografía e busca a revista máis acaída na que publicar

 

INÉS AMBOAGE GARCÍA

ALBA LOJO LÓPEZ

IRENE TEJADO MONTERO

 

 

 

A finais de febreiro, o Grupo Clarivate responsable de produtos como a Web of Science, Journal Citation Reports ou o xestor bibliográfico EndNote, facía públicas as novidades para 2020. Unha das sesións de presentación titulada “Construya sus bibliografías y cite la primera vez” xerou a nosa atención precisamente pola escasa novidade da proposta. Imos cunha pequena análise do que supoñen estas novidades.

Levamos xa anos manexando diferentes programas de xestión bibliográfica, sopesando as súas vantaxes e inconvintes, vendo o achegamento nas solucións propostas e probando o grao de compatibilidade entre eles ou entre eles e os diferentes sistemas operativos, plataformas bibliográficas, programas de redacción, etc. Referente a EndNote, cómpre recordar que a USC ten acceso á versión web de EndNote, a través da propia suscrición da FECYT. Polo tanto, calquera persoa que teña correo institucional pode crearse una conta e traballar con EndNote.

As diferenzas entre a versión Desktop e a versión web son importantes, como cabe supoñer. Pero centrarémonos hoxe na presentación do novo servizo que conecta EndNote co JCR e que permite, por medio de algoritmos de análises de termos (text mining), achar a mellor opción da revista na que publicar.

  • Partimos dunha conta persoal en EndNote onde debemos ter unha carpeta ou grupo de referencias que estamos usando na redacción dun artigo.

 

  • A nova pestana Match, desprega un formulario onde debemos reflectir os datos do título do artigo, o abstract e seleccionar a carpeta ou Group de referencias que estamos empregando:

  • A solución é unha listaxe de 10 revistas (máximo) con cadansúa información de posicionamento e impacto, validada no JCR. Mesmo presenta unha ligazón á web de cada revista para verificar a información para autoras/es e enviar directamente o artigo.

Dependendo da lingua, campo temático e a calidade bibliográfica -en termos de calidade de metadatos e posicionamento da revista nos rankings de impacto-, o resultado pode ser máis ou menos atinado. En todo caso, a visualización das métricas das revistas propostas é unha indubidable axuda na toma de decisións.  O uso de algoritmos de minería de texto para localizar a revista na que publicar, non é novo. Velaí as propostas de editoriais científicas (Elsevier Journal Finder, Springer Journal Suggester); e na propia Web of Science existe una funcionalidade na Master Journal List, chamada Match Manuscript, que busca “coincidencias de manuscrito”.

Tampouco é novo basearse na análise da bibliografía para localizar revistas nas que publicar. O proceso de citación é recíproco e así o amosan os mapas da ciencia que reflicten as relación entre revistas citantes e citadas.

O que é novo, ao noso parecer, é facelo de forma conxunta e nunha visualización impecable.

Aquelas persoas interesadas que non usen o xestor bibliográfico EndNote, saiban que a lograda compatibilidade entre xestores bibliográficos permite “importar” referencias dende outro software. Así que, non ser usuaria ou usuario de EndNote non é motivo para non probar esta nova funcionalidade de EndNote.

Tedes resumidas estas novas funcionalidades na infografía que fixo a compañeira Alba Lojo:

 

 

 

 

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Día das Letras Galegas 2019

Antonio Fraguas Fraguas

A %d blogueros les gusta esto: