De autor, Marketing bibliotecario, Varios

Inestabilidades epistémicas: transxénero e bibliotecas

LOURDES PÉREZ GONZÁLEZ

Dinos Bifo no preámbulo á obra da vídeo artista Hyto Steyerl Los condenados de la pantalla que nun futuro, cando forzas de intelixencia extraterrestre intenten entender que forma de comunicación manexabamos no planeta, estas forzas “se asombrarán do refinamento tecnolóxico e da nosa extrema estupidez moral.”

O tranxénero xoga un importante papel no mundo que habitamos, e tomando prestado o pensamento de Judith Butler no O xénero como disputa, trátase dun problema que afecta a todo o sistema, non só no propio contexto do trans*.

Dende a biblioteca como espazo público dun saber colectivo debemos intentar por todos os medios posibles ter as antenas postas para rastrexar o que non está presente na mesma, sobre todo tendo en conta que somos unha perfecta amalgama de obxectos, espazos e procesos que nos poñen ao descuberto ante a representación que facemos do mundo, o saber, a cultura e o coñecemento.

Danza Buthoh Punk Rock. Fotografía de Vikk Shayen (premede na imaxe para fonte)

Neste sentido debemos tratar de ver o éxito e o fracaso das bibliotecas dende o punto de vista da retórica do saber e a orde das cousas; a cuestión non é doada en relación ao trans*; pero debemos dicir que non se parte de cero e que é fundamental aprender de camiños xa percorridos, como o que se fixo en relación a outras formas de estar no mundo no seu momento –por poñer o caso as modificacións na xestión das colección ou nos nosos sistemas de clasificación en relación á muller – e que tiveron un importante impacto a nivel de organización dos saberes.

A clave está en escoitar, activar a imaxinación, cuestionar as nosas categorías pechadas e, dende unha institución de patrimonio e saber como son as bibliotecas universitarias, participar dalgún xeito- estética e políticamente- para acoller outros mundos que permitan a inclusión queer e todo o que isto supón a nivel de enriquecemento do saber , o carácter disidente do mesmo, a revisión dos discursos normativos, ver que en realidade constitúen unha importante forza opositora ás lóxicas da heteronimia, o androcentrismo, o postcolonialismo, o racismo e o eurocentrismo-. Trataríase de acoller aqueles discursos que desafían os sistemas de control diagramados pola construción social moderna, indagando en prácticas de resistencia que emerxen do activismo e a produción cultural.

Deste xeito propoño algunhas reflexións que penso que a día de hoxe debemos facernos toda institución cultural e da memoria. O que se presenta nesta entrada non é mais que unha breve cata de algunha das recomendacións que se fan por parte do colectivo LGTB e o que este lle pide ás institucións, que por outra banda non teñen mais que aprender das marxes e o seu potencial coa finalidade de resignificar a normativizade dun hetereopatriarcado en crise.

En realidade as prácticas trans*-inclusivas case non se recolleron nas bibliotecas. Deste  xeito, se comezamos polo espazo, debe reexaminarse o mesmo baixo a premisa da creación de lugares seguros e non discriminatorios, tendo en conta que o espazo público son lugares comúns e fundamentais para a experimentación, a cohesión social e pasan a ser importantes piares na memoria das persoas.

Masha P. Johnson, activista trans en Stonewall, 1969 . Créditos de la foto: : Biscayne/Kim Peterson. Premede para fonte.

A nivel de xestión da colección e adquisición de produción trans* teremos que ter en conta que as súas publicacións soen ser breves, de formato efémero, carácter irregular e polo xeral impresas en papel pobre. A maioría destes rexistros exixen por parte da biblioteca traballar de modo especializado co fin de atopar importantes fontes desbotadas no seu momento polas canles comerciais dominantes, e debe ser prioritario crear unha política de adquisicións clara, permanente no tempo e robusta en contido.

Orgullo en Madrid, 1995, imaxe de C.F.L. Premede para fonte

Está claro que as bibliotecas universitarias apenas recolleron este tipo de información, pese a ter na súa comunidade departamentos, institutos e proxectos de investigación relacionados con movementos sociais, pensamento e historia contemporánea. É fundamental no caso galego preservar esta información e facer acopio tanto de posibles manuscritos como do que se publica ou publicou no mundo queer, así como resignificar a nosa percepción do mundo e estar alerta do que se está a facer noutros contextos tanto a nivel académico como asociativo e activista.

Esta información, co tempo, será un patrimonio fundamental na nosa cultura e non facelo sería deixadez de funcións, aínda que nos movamos en tempos de redución de orzamentos

Pero recoller esta información non é suficiente; sabemos que a propia cadea de información remata no receptor e que o que se busca é fundamentalmente que xere un novo coñecemento;  para que isto reflicta dun xeito “xusto” deberemos adaptarnos a novos sistemas de clasificación, aplicando unha ética inclusiva fóra da reprodución simbólica normativa na construción dos nosos datos e metadatos.

Coberta do libro Desiderata, do proxecto “Encabezamientos de materia” da Biblioteca de Bellas Artes da UCM. Premede na imaxe para ligazón .

Visibilizar e comunicar van ser labores fundamentais nesta tarefa.

Non se trata simplemente de interdisciplinariedade, a cousa vai mais ben con rachar coa suposta neutralidade, sempre imposible, que agocha prexuízos que levan a obviamente a replicar o dominante recreando patróns de exclusión e desigualdades que dalgún xeito en realidade supoñen violencia cultural da forte. Un claro exemplo son as formas en que as bibliotecas presentan os seus datos e como o usuario accede a estes mediante as ferramentas de descubrimento a través das cales se explora, se atopa ou interactúa cos mesmos. As veces os algoritmos para a procura e os softwares van cargados do que se chama os “bias”; noutros, como poden ser os datos vinculados parece que poden rachar dalgún xeito o dominio dos sistemas de categorización ríxidos, pero máis alá da información nos nosos catálogos as bibliotecas deberemos tamén repensar e avaliar os portais de información que licenciamos.

Ata que nós e os nosos usuarios sexamos autorizados a extraer datos e indexar o contido das revistas académicas nós mesmos, dependemos dos editores comerciais para definir a importancia e relevancia para nós.

Queda claro que as bibliotecas non debemos ser neutrais nin inocentes, pola contra ante a fina complexidade do mundo, a esta deberémola entender en parte como lugares de resistencia creativa que permitan vivir de outras maneiras, sen etiquetas heterocéntricas o cisgenéricas, isto posibilitaría dar apoio a outra forma de investigación e comunicación ausente na actualidade, xa que doutro xeito estaríamos ante a privación de saberes fundamentais para una suposta sociedade máis xusta e inclusiva.

A premisa é que debemos ter en conta sempre que construír coleccións, e desenvolver as ferramentas para acceder a elas, van ser actos inherentemente políticos. Estamos a crear unha futura biblioteca con ferramentas e coleccións que se utilizarán para crear novos coñecementos e está ao noso alcance a posibilidade de novos métodos de produción que resistan a recreación dos patróns existentes de exclusión e marxinación. Con todo, isto será posible só se abordamos este traballo conscientemente e cun entendemento do impacto das nosas decisións.

Recursos que nos poden axudar:

.American Library Division, ALA . Equity, Diversity, and Inclusion : http://www.ala.org/aboutala/offices/diversity/edi

. Arxiu desencaixat, MACBAhttps://www.macba.cat/ca/exposicions-activitats/exposicions/arxiu-desencaixat

Currier, Brett D. , White Tessa (2019).  Creating the Trans-Inclusive Library:

A Practice Guide (2019).— Texas : Library of the University of Arlington, [en liña]. Dispoñible en : https://rc.library.uta.edu/uta-ir/handle/10106/28697

. Desiderata (2017) / VV.AA.– Madrid, Desiderata Editorial, [en liña]. Dispoñible en : https://eprints.ucm.es/id/eprint/59916/1/DESIDERATA%20WEB.pdf. [Consultado: 3-03-2021]

. Gay, Lesbian, Bisexual & Transgender Archives of Philadelphia: Digital Collections of the John J. Wilcox, Jr. Archives : https://digital.wilcoxarchives.org/

. Mehra, Bharat. LGBTQ+ librarianship in the 21st century : emerging directions of advocacy and community engagement in diverse information environments (2019).— United Kingdom : Emerald Publishing Limited

. New York Public Library : LGBT Special Libraries and Museums : https://www.nypl.org/blog/2013/06/17/lgbt-special-libraries-museums

. Sánchez, Emília, Sancho Eric. «El Centre d’interès “Identitats Trans I gènere” De La Biblioteca Nou Barris». Item: Revista De Biblioteconomia I Documentació, 2020, Vol. 2019, Núm. 67, [en liña]. Dispoñible en : https://www.raco.cat/index.php/Item/article/view/362825 [Consultado: 3-03-2021].

. The library as heterotopia: Michel Foucault and the experience of library space / Gary P. Radford, Marie L. Radford and Jessica Lingel, [en liña]. Dispoñible en : https://pdfs.semanticscholar.org/69eb/58fc974502565808dcf1e42554cc6640ea1f.pdf [Consultado: 3-03-2021]

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Día das Letras Galegas 2019

Antonio Fraguas Fraguas

A %d blogueros les gusta esto: