Ferramentas, Varios

Moocs : aprender na rede

nube final

Os Moocs (Massive Online Open Courses) veñen de converterse nunha auténtica revolución no ensino en liña e tamén no papel que as universidades poden acadar no seu obxectivo de ser a canle formativa ao longo de toda a vida. A universalidade do coñecemento e a variedade das ofertas, convirten a esta relativamente nova opción de ensino nun medio moi atractivo e forte. Segundo lemos en Mooc.es, as características fundamentais e o que os distinguen doutros cursos en liña son:

-Non existe un tope nas matriculacións.

-Toda a formación é en liña

-Materiais gratuítos e dispoñibles na rede

A idea do coñecemento aberto e as posibilidades formativas da evolución de internet foron a causa de que no ano 2008,.os profesores George Siemens y Stephen Downes crearon o que poderíamos considerar o primeiro Mooc, segundo nos contan na introducción da web Mooc.es. O éxito foi inmediato e, pouco a pouco, xeraron máis cursos e  tamén que moitos profesores das máis prestixiosas universidades dos Estados Unidos quixeran participar nesta iniciativa que pon a formación e o coñecemento ao alcance de todos os interesados. Neste momento podemos asistir ao auxe dos Moocs no noso país tamén. Gustounos moito tamén, no blog de Angel Fidalgo sobre o que é un MOoc, qué posibilidades abre para a universidade (unha delas relativa a expedición de certificados e títulos), e en qué se diferencia doutras iniciativas semellantes, coma os OWC (OpenWare Courses). Nos Moocs os materiais céntranse nos videos curtos, en traballar nos foros e fomentar a interacción e cooperación entre os alumnos. A presenza e consideración de rede social, no seu sentido máis estricto, e tamén prioritaria.

Debido á proliferación, como xa dixemos, e que se trata de recursos que se van enriquecendo progresivamente, parecenos interesante falar algo e reseñar algunha das plataformas nas que se agrupan as distintas institucións e os cursos que ofertan. A modo de guía:

Coursera Unha das pioneiras. Neste momento actúa de soporte dos Moocs de 62 universidades entre as cales están Duke, Columbia, a Johns Hopkins e a Autónoma de Barcelona.

MiriadaX Integra máis de 1232 universidades socias de América Latina. Patrocinada entre outros por Telefónica e o Banco de Santander, atopamos  universidades españolas coma a UNED, a Carlos III,  Pompeu Fabra ou Zaragoza, entre outras. Podemos seguer a incorporación de novos cursos por medio da súa actividade en redes sociais  (@miriadax en Twitter) e Facebook.

Mooc.es Ademáis de ofertar a posibilidade de suscribirse a unha newsletter con tódalas novidades dos cursos, esta plataforma engade unha funcionalidade interesante na páxina de inicio: o filtrado por datas de realización dos cursos e, tamén, pola língua na que se desenvolven.

No sempre interesante blog Error 500. Antonio Ortiz fala doutros dous repositorios máis:

Open Education Database (OEDB)  Cun interesante buscador que permite filtrar por niveis ,institucións e áreas de coñecemento) e  Open Culture que ten a particularidade de ir engadindo esta listaxe de cursos mensuais.

Consideramos que os MOOCS darán moito do que falar e, coma mencionábamos ao principio do post, redefinirán, en gran medida o concepto de aprendizaxe e tamén a programación que facemos do noso tempo adicado ao estudio ou a busca de novas posibilidades formativas. Temos en conta que é un movemento recente, que as universidades estánse subindo rápidamente a este tren e que, coma é lóxico, o tempo irá  asentando as opcións máis rigurosas e desestimará outras . Un Mooc pode converterse, polo tanto, unha nova canle de difusión, de prestixio ou valoración das institucións.

Fontes:  Error 500, Mooc.es, Innovación educativa. Convén botarlle unha ollada a este grupo de Facebook 

Conversa

Trackbacks/Pingbacks

  1. Pingback: A BUSC nas XV Jornadas CRAI de REBIUN | Fonseca - 4 Xullo 2017

Deixar un comentario

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Día das Letras Galegas 2019

Antonio Fraguas Fraguas