BUSC, Catálogo, Varios

Isaac Díaz Pardo na BUSC: contribución ao “Día da Ciencia en Galego”

diazpardo2

Isaac Díaz Pardo, retrato de Xaime Fandiño.

A BUSC súmase un ano mais á celebración do Día da Ciencia en Galego e quere contribuír á homenaxe que este ano se dedica a Isaac Díaz Pardo cunha pequena mostra bibliográfica seleccionada entre as máis de trescentas referencias que se poden atopar no noso catálogo baixo o seu nome.

Pintor, ilustrador, cartelista, empresario, deseñador industrial… A súa creatividade, aínda non suficientemente estudada e recoñecida, abarca dende a pura creación artística ata a investigación científica, a innovación en procesos e a invención de maquinaria para as súas fábricas de cerámica do Castro e Sargadelos.

Conscientes da imposibilidade de abordar a totalidade da súa figura neste traballo, presentamos unha escolma de libros que dan conta do enorme e variado labor creativo desenvolvido por este humanista ao longo dos seus noventa e un anos.

Sirva esta bibliografía urxente como punto de partida no coñecemento deste intelectual  singular e irrepetible para todas aquelas persoas interesadas nos avatares da cultura galega e o desenvolvemento industrial ao longo do século XX.

Incluímos tamén unha serie de obras que recollen algúns dos seus escritos e obras biográficas que completan a imaxe do creador e o seu pensamento.

Todas as referencias seleccionadas corresponden a monografías existentes na BUSC e están incluídas no seu catálogo en liña, onde pode atoparse unha descrición máis detallada así como as condicións de consulta de cada obra.

Acompañamos a selección bibliográfica dunha cronoloxía e citas do propio Díaz Pardo, que sitúan temporalmente os fitos máis destacados da súa vida e obra.

Podedes acceder na seguinte ligazón:

 http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/snl/dinamizacion/descargas/Diazpardo.pdf

Conversa

Trackbacks/Pingbacks

  1. Pingback: Día da Ciencia en Galego 2015 | Fonseca - 3 Novembro 2015

Deixar un comentario

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Día das Letras Galegas 2019

Antonio Fraguas Fraguas