BUSC, Fondo antigo

Libro de Horas de Fernando I

XOSÉ RAMÓN LEMA BENDAÑA

O chamado Libro de Horas de Fernando I, que se conserva na Biblioteca Universitaria Compostelana é un códice visigótico coñecido anteriormente como Diurno de Fernando I.

Foi dado a coñecer por D. Antonio López Ferreiro en “El Eco de la Verdad: revista semanal, científica y literariaen 1868; presentao como “un libro litúrgico y contiene el psalterio, cánticos, oraciones y antífonas…”

Indica que a súa procedencia poida ser o Mosteiro de S. Martiño Pinario de Compostela.

A procedencia do manuscrito e o seu ingreso na Biblioteca Universitaria non están documentados.

A raíña Dona Sancha ofrécello como presente ao seu esposo, o Rei Fernando I de León; así consta no colofón do códice:

 ”Sancha, a Raiña, como era a súa vontade fíxome o que son na era de mil e noventa e tres (1055) : Pedro foi o meu escriptor, pero Fructuoso o meu ornamentador.”

A expresión, no mesmo colofón “fíxome o que son “ implica una participación da raíña que, hai que supoñer, incidise na elección do contido e a  súa ordenación e, tal vez, nun seguimiento do traballo de confección; neste caso, escriba e iluminador escoitarían as suxerencias de Sancha.

Os bifolios únense en caternións, suxeitos á regla de Gregory e axustados no pautado á proporción áurea, oscilando o número de liñas entre 22 e 34, sempre a liña tirada, agás no calendario no que hai dous meses en cada un folio, cada mes na súa columna, separados por unha vara dourada e florida.

O conxunto do texto órnase con 280 capitais  e unhas 3500 iniciais en vermello ou en ouro, ademáis das iluminacións a toda caixa.

O libro está formado por un total de 226 folios antigos. Hai unha alteración na colocación das follas, que se supón producida ao tempo de reencadernar a obra; o f. 6 está colocado entre o 2º e o 3º (recolocado en correcto lugar no facsímil).

O estado de conservación podemos calificarlo de moi bon. Foi novamente encadernado no Servicio Nacional de Restauración de Libros y Documentos, en 1973; en pel sobre tabla de estilo mudéxar en coiro,  cerres en latón e bullóns, tamén en latón,  nos planos en forma de cunchas xacobeas.

Empeza o libro cunha fermosa Alfa, azul e ouro sobre púrpura, baixo a que se alberga a figura de Cristo sostendo na súa esquerda un libro, cuxa cuberta mostra tres cruces que sinala coa súa man destra. Sigue o calendario que se desprega entre o f.1v. e  o f.4 r.alfa

No f. 4 v. encetan uns prolegómenos á parte principal que están formados por:

-un poema de Floro de Lyon

-A recomendación de S. Xerome sobre o coidado que se debe ter ao copiar

-O prefacio de Alcuíno de York e usos o salterio.

Falla 1 f. entre f. 4 e a f. 5

No f. 6 r. a ornamentación a toda caixa, que cumple a función de exlibris, está formada por unha cruz (¿inspirada na cruz da Victoria?) inserta nunha decoración xeométrica, vexetais estilizados e de lacería, na que cuatro veces na cruz expresase  “FERDINANDI SUM REGIS” e, tamén catro veces no rombo no que a crus se inscribe: “FREDINANDI (sic) REGIS SUM LIBRUM (sic) NECNON ET SANCIA REGINA”

regina

No f. 6 v. desenvólvese a entrega do códice a Fernando polo escriba (do que se deduce unha certa proximidade do taller e o recoñecemento da valía do servo, pois non parece un monxe) que segue visualmente as instruccións de Sancha.

É unha verdadeira escena o que nos mostra o códice; as persoaxes rebasan lixeiramente o marco e as cortinaxes, que forman o fondo, parecen se encher de suave brisa.

Esta escena considerase como a inauguración do “retrato áulico” e do primeiro “cadro de historia” pero tamén se pode considerar como a testemuña gráfica dun evento de actualidade ao modo usual da prensa gráfica do noso tempo.

aúlico

f.7 r. reserva toda a caixa para o monumental Incipit a modo de portada,

dauid

IN NOMINE

DOMINE INCI

PIT LIBER PSAL

MORUM DAUID

f. 7 v. inicial B, tamén a toda caixa, ricamente ornamentada con figuras humanas y decoración fito-zoomórfica. Contén as palabras “Beatus vir” coas que se inicia o texto, que sigue no f. 8 r. e finaliza no f. 206 r., parte principal do códice cos salmos e cánticos sobre 25 caternións regulares e 2 incompletos.

beatus vir

f. 92 r. fermosa D mayúscula

d mayúscula

El f. 207 v. Contén o Cronicón coa filiación monárquica de León en letras de ouro sobre tapiz púrpura.

cronicon

f. 208 v. Colofón formado por letras en ouro sobre tarxas en vermello insertas en decoración de lacería:

“SANCIA CEV VOLVIT QVOD REGINA PEREGIT

ERA MILLENA NOVIES DENA QVOQVE TERNA

PETRUS ERAT SCRIPTOR FRVCTVOSUS DENIQVE PICTOR”

sancha

No f. 209 r. iniciase o “Ordo ad medium noctes” e seguen as horas monásticas nocturnas con cánticos e rezos, complementados aqueles con notación musical expresada en neumas, sen pautado musical o que, ata agora, fixo imposible a interpretación musical.

Este devocionario final está composto por 2 caternións.

caternion

En síntesis, estamos diante dunha obra especialmente rica na súa intención e realización, creada nun contexto áulico que incorpora tradicións hispánicas de diversos núcleos, en especial riojanas, así como ultra pirenaicas ( Beato de Saint-Sever).

É de destacar a corrección da copia, é dicir que a atención adicada á súa rica ornamentación, non mermou a atención necesaria para lograr un texto plenamente fidedigno.

O conxunto, unitario na súa concepción, realza la importancia do salterio mediante la ornamentación inicial e o colofón.

A obra debe ser considerada como unha peza na que se segue unha tradición litúrxica, la hispánica, nun tempo no que se está a introducir o rito romano, pero dende o ponto de vista artístico presenta novedades que o fan unha obra excepcional pola riqueza decorativa e o acerto no pictórico. Neste aspecto debe adscribirse plenamente ao estilo románico.

É pertinente mencionar, en relación con éste, o belo “Liber canticorum et horarum” que foi confeccionado para a raiña Sancha, menos suntuoso; posiblemente realizado, no mesmo ambiente aínda que algo posterior, 1059, por outro scriptor de nome Cristoforus. Consérvase na Biblioteca de la Universidad de Salamanca. ( Ms.2.668)

O exemplar dixitalizado pode consultarse aquí

Conversa

Trackbacks/Pingbacks

  1. Pingback: Vendo xoias da BUSC e na Biblioteca América: curso sobre historia do libro | Fonseca - 10 Xullo 2015

Deixar un comentario

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Día das Letras Galegas 2019

Antonio Fraguas Fraguas