BUSC, Catálogo, Pasaron por aquí..., Repositorios

Día da Ciencia en Galego 2015

carteisweb1

Carteis do Día da Ciencia en Galego 2015

 

A BUSC – como xa ven facendo en anos anteriores-  quere sumarse aos actos e celebracións deste ano co gallo do Día da Ciencia en Galego. E para iso preparamos unha escolma bibliográfica dos científicos galegos homenaxeados este ano: Isidro Parga Pondal e Carlos Gómez- Reino, ambos vencellados a nosa Universidade e ambos, tamén, lembrados pola súa importante labor científica.

 

Isidro Parga Pondal (prema na imaxe para créditos)

GomezReino.jpg_2123725901

Carlos Gómez-Reino Carnota (prema na imaxe para créditos)

No caso de Isidro Parga Pondal,non poderíamos engadir mais a biografías recollidas, por unha banda, no Álbum da Ciencia en Galicia do Consello da Cultura Galega, e, tamén, no Álbum da JAE  da mesma institución. Xeólogo, galeguista, profesor universitario, creador do Laboratorio Xeolóxico de Laxe e recompilador dunhas importantísimas coleccións de minerais custodiadas e exhibidas  hoxe no Museo de Historia Natural da USC, No caso do profesor Gómez-Reino, ao que aínda lembramos porque non hai tanto que nos deixou, ademais dun amplo recoñecemento internacional a súa labor investigadora, cómpre destacar a creación e impulso da Escola de Óptica- hoxe Facultade de Óptica e Optometría– a súa presenza en prestixiosos organismos internacionais e, tamén, o seu traballo como vicerreitor desta universidade.

Deixamos, pois, o noso graniño de area nesta conmemoración do 4 de novembro adicado a estas dúas figuras excepcionais da Ciencia galega: unha recompilación dos seus traballos presentes no noso catálogo. Queríamos subliñar, tamén, que no noso repositorio Minerva hai unha  comunidade de traballos do Museo de Historia Natural da USC e que podedes consultar aquí.

 

Bibliografía de Isidro Parga Pondal na BUSC

Bibliografía de Carlos Gómez-Reino na BUSC 

 

 

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar un comentario

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Día das Letras Galegas 2019

Antonio Fraguas Fraguas