Aplicacións móbiles

Toda a lingua galega no teu dispositivo móbil

GalAppxGalApps, é un proxecto que se materializa en varios recursos lingüístico-tecnoloxicos complementarios, por exemplo un tradutor de galego para móbiles ou ben un dicionario galego (tamén) para o noso dispositivo. Coa promoción do galego como nexo común e baixo o epígrafe Toda a lingua galega no teu peto, GalApps vén de ser obxecto dun novo pulo co seu lanzamento definitivo na Rede como suite de aplicacións da lingua galega para móbiles Android e para iPhone e iPad de Apple.

Coa aplicación ConxuGalego para o teu dispositivo móbil, podes conxugar todos os verbos galegos. Trátase dunha ferramenta que permite introducir o infinitivo de calquera verbo en galego, ben sexa regular ou irregular, e obter a súa conxugación en todas as súas diferentes formas.

A aplicación está baseada no software libre da Universidade de Santiago, o Conshuga, ao que houbo que adaptar para o novo formato a esta realidade dos dispositivos móbiles, sendo tamén, ConxuGalego, software libre. Para quen queira darlle uso, pode descargalo da tenda Market Android ou de Applestore.

As outras dúas aplicacións que se integran con ConxuGalego son o DicionarioGalego, no que podes buscar calquera termo, e descubrir todas as posibles acepcións da palabra. Se non atopas a palabra exacta pero si existe como posible raíz doutras, permite escoller entre as posibles coincidencias. A aplicación obtén as definicións da Dicionario da Real Academia Galega de publicado o 30 de marzo de 2012.

Por último, co TradutorGalego podes traducir palabras e textos de ou ao galego. Traduce automaticamente do galego ao español, catalán, inglés ou francés, e viceversa. Ten unha función de ditado que permite traducir directamento o que se di.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: