Ferramentas, Repositorios, Varios

Uns apuntes sobre JURN e RefSeek

Gostaríanos comentar hoxe brevemente dous recursos do ámbito das ciencias socias e as Humanidades que, aínda que xa teñen unha certa traxectoria detrás, consideramos que non son todo o populares ou coñecidos que merecen . Falamos de JURN  e de RefSeek.

JURN preséntase coma un buscador que indiza, recolle e recupera revistas OA no eido das artes e as Humanidades. A partires do mes de marzo de 2014 engadiu tamén a posibilidade de busca nos campos da bioloxía e a biomedicina, os negocios e a ecoloxía. Os responsables deste proxecto, además de subliñar a súa interdisciplinariedade insisten en que pode ser utilizado por diferentes colectivos con diversos intereses: dende investigadores independentes ata blogueiros e xornalistas pasando por responsables de planificación, profesores universitarios e distintos niveis de estudantes. O que parece quedar claro é un intento de perfilar os destinatarios dun xeito amplo e, ao mesmo tempo, non esquecer o rigor e o traballo colectivo que ven detrás. Un detalle curioso e que inclúe tamén aos investigadores “afectados”polos periodos vacacionais de xullo a outobro e que non podan acceder a certos recursos de pago.

A busca realízase dun xeito moi sinxelo, nunha caixa similar a dun buscador convencional, e ven apoiada ademais por unha listaxe de tódolas revistas indizadas. Amosa tamén os “free chapters” dalgúns libros, artigos colgados en redes sociais científicas e tamén oferta resultas que remitan a repositorios institucionais.  Ofrece uns bos consellos para afinar a busca e tamén “saca peito” fronte a Google Scholar, explicando dun xeito moi vehemente por que non se debe utilizar esta coma única ferramenta, non só explicando como Google Scholar indiza menos da metade dos xornais indizados polo DOAJ, insistindo na rapidez da publicación neste directorio dalgúns recursos -fronte a espera de anos en algúns coma JSTOR. Insiste moito tamén no papel dos “curators” á hora de engadir novos recursos e ten unha política moi estricta con respecto o achadego de “journal predators”. Polo momento, só indiza xornais en inglés.

Se facemos unha busca sinxela, de autor e obra, por exemplo, aparecerán reseñas de xornais, papers de tipo académico que estean colgados en repositorios ou webs de departamentos universitarios pero non webs comerciais de venta de libros. Evidentemente, esta busca é moi simple e poderíamos facela máis sofisticada usando os consellos de busca que ofertan na páxina.

munro jurn

A busca recupera reseñas da obra “Dear life” de Alice Munro, pero ningún resultado de webs comerciais de venta desta.

 

Con respecto a RefSeek,  este xurdía polo ano 2008 coma unha alternativa “académica” ao desplazamento que fixo Google doutros buscadores. Ten unha interfaz sinxela, poderíamos decir minimalista, e moi  similar á de JUrn; o obxectivo era “filtrar” a información que non fora de contidos científicos ou relacionados dalgún xeito coa investigación; é decir, desestimar todas aquelas resultas que foran única e exclusivamente comerciais. O recurso está aínda en betaNa caixa principal de busca hai dúas lapelas: unha referida á “web”, en xeral, e outra titulada “documents”. Se seguimos as propostas de busca que se non fan dende esta caixa de benvida observamos a diferencia na recuperación de resultas. Cómpre lembrar que cada vez que accedemos á caixa principal do buscador este oferta dúas palabras ao chou para que fagamos buscas. Nesta ocasión ímos probar coa que nos tocou a nós: “crocodrile”.

-Facendo a busca dende a pestana “web”obtemos os seguintes resultados:

 

crocowiki.

 

-Dende a lapela “documentos”:

cocrodocu

 

Observamos a diferencia: no primeiro caso recuperamos referencias xenéricas a cocodrilos que podemos atopar na web, mentras que na segunda xa son documentos propiamente ditos, mesmo aparece a icona do pdf nalgún deles. Cómpre destacar que no caso de RefSeek se oferta tamén, no inferior da pantalla, a posibilidade de facer a mesma indagación en buscadores xenéricos como Bing.

Consideramos que paga a pena botarlles unha ollada aos dous, alomenos polo esforzo de manter a información académica,-mais xeralista, lóxicamente, que a que atopamos nos recursos mais específicos coma bases de datos- de xeito  totalmente independiente das buscas comerciais. Outro aspecto que nos parece moi interesante é, no caso de Jurn, o blog que manteñen e que ten público un blogroll no que falan de recursos similares e cos que comparten filosofía. No caso de RefSeek manteñen un enderezo electrónico ao que se poden achegar consultas e suxestións, estando especialmente orientado á comunidade educativa.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: