BUSC, Comunicación científica, Ferramentas, Galicia, Recursos propios

Editatón do Día da Ciencia en Galego: así o vivimos e así o contamos

Imaxe para post

Cartaz deseñado polos compañeiros da Biblioteca Intercentros de Lugo para o I Editatón do Día da Ciencia en Galego

BIBLIOTECARIOS E BIBLIOTECARIAS DA BIBLIOTECA INTERCENTROS DE LUGO

O sábado, 8 de novembro tivo lugar na Biblioteca Intercentros o primeiro editatón do Día da Ciencia en Galego. A proposta, que nos chegou do Servizo de Normalización Lingüística, decontado nos encheu de entusiasmo. Aceptámola, combinándoa cos xa daquela varios cursos de formación abertos, os centos de rexistros de usuarias e usuarios novos para crear e modificar, as actualizacións das listas de distribución, o expurgo na sala de Ciencias sociais e todo o traballo engadido que supón o inicio do curso para unha biblioteca que suma xa catro vacantes no seu cadro de persoal.

Con menos dun mes para o evento, repartimos as tarefas de xeito equitativo e horizontal: desde a escolma de fontes de información (libros, artigos, sitios web e outras en recompilacións bibliográficas) que subimos a Wikimedia Commons, ata adecuación de espazos (revisión de equipamento, xestión de acceso á Internet para persoas alleas á USC) pasando pola difusión á comunidade universitaria e educativa en xeral, deseño de cartel, comunicación á prensa, etc.

O día 8 comezou coa presentación de Manuel Díaz Regueiro (Igaciencia), – recollida neste vídeo– sobre o significado do Día da Ciencia en Galego e que podemos resumir coas expresións: máis ciencia, máis galego, máis recoñecemento aos científicos e científicas galegas, máis difusión e máis participación. Incidiu especialmente na importancia de educar ás novas xeracións en habilidades e práctica científica.

Seguiu Elisardo Juncal (Galipedia), que tras unha breve explicación dos piares do proxecto Wikipedia e de como se está a desenvolver concretamentea Galipedia, inicionos no uso da ferramenta de Editor visual. Logo de rexistradas, tanto as persoas que estábamos na biblioteca como as que participaban virtualmente, puxémonos a editar a entrada elixida por cadaquén.

Traballamos, vaia se traballamos!! Creáronse as entradas: Editatón, Día da Ciencia en Galego, Proxéctate en galego, Proxeria, Jesús Andreu Lázaro, Tomás Batuecas Marugán e María Pilar de Torres Luna. Ademais introducíronse modificacións en 15 entradas xa existentes.

Despois  dun xantar pracenteiro (vamos, dos de Lugo!) continuamos a edición, pero antes botamos unas risas co relatorio de Carlos Rodríguez Rellán -recollido no vídeo que enlazamos- e que levaba por título: A arqueoloxía experimental e a apocalipse zombi: pequeno manual de supervivencia para nerds na que, por estrano que pareza, conxugaba as ideas de ciencia, compartido, galego, zombi e arqueoloxía de xeito fantástico.

Un resumo do acontecido nese día, pode verse neste vídeo realizado tamén polo persoal da biblioteca.

A xornada rematou, pero non a nosa satisfacción, nin a certeza de que isto non fixo máis que empezar.

Se a misión da biblioteca é a participación na construción do coñecemento, a sensación coa que ficamos foi a de vir de facelo no sentido máis literal. Botar a andar a “biblioteca galipediana”, utilizando todo o seu potencial para común aproveitamento foi a maior satisfacción.

Conversa

1 thoughts on “Editatón do Día da Ciencia en Galego: así o vivimos e así o contamos

  1. Fenomenal traballo por parte da Biblioteca Intercentros de Lugo e estupendo día de creación, aprendizaxe e diversión con boa xente. Ata o ano que ven!

    Gústame

    Posted by Elisardo Juncal | 1 Decembro 2014, 11:30

Deixar un comentario

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Día das Letras Galegas 2019

Antonio Fraguas Fraguas