BUSC, Catálogo, Ferramentas, Libros electrónicos, Recursos electrónicos, Recursos propios

O que é Prelo

reBUSCa    Recursos electrónicos  PreLo

L.G.

Na BUSC estamos de estrea e ben contentos. Hoxe presentamos un proxecto no que se implica, por unha banda, a Biblioteca Universitaria e o Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC  pola outra: nace hoxe oficialmente Prelo, (Préstamo de Libros Online), a plataforma de libros electrónicos académicos. O Servizo de Publicacións, compoñente da UNE, participa subindo á plataforma os libros electrónicos do seu catálogo- libro científico e técnico, fundamentalmente-  compartíndoos coas universidades de Burgos, Salamanca, Cádiz, León e Murcia, agardando a incorporación da UNED e da Universidade de Las Palmas, a Politécnica de Valencia e a Loyola de Andalucía; posibilitando o préstamo e difusión tanto do seu propio catálogo coma accedendo aos das outras universidades. A BUSC, pola súa parte, implanta un sistema de adquisición e selección de libros electrónicos, fundamentalmente dirixido aos estudiantes de máster e grao. A plataforma escollida é Xebook, desenvolvida pola empresa galega Xercode.

Qué contén a plataforma e como podo acceder a ela? 

A plataforma accédese desde o enderezo prelo.usc.es ou, tamén, desde a páxina de inicio da biblioteca. Precisamos, tamén, ter unha conta de correo-e da USC, asi coma lóxicamente da nosa chave persoal.

A plataforma contén, neste momento, por preto de 1094 exemplares, que se irá incrementando pouco a pouco. Os libros editados polas universidades participantes no proxecto están tamén incluídos.

Temos un tutorial na páxina da biblioteca a dispór de tódolos usuarios interesados, pero imos tentar resumir, dun xeito informal, os aspectos mais relevantes:

Como funciona a busca de títulos e o préstamo de libros electrónicos? E a lectura dos mesmos? 

Pois coma se dun libro impreso se tratara,  temos un catálogo no que podemos buscar por título, autor, etc., facer buscas combinadas, ver un pequeno sumario do libro e a súa portada, formatos dispoñibles (online, offline,) e mesmo unha especie de “recomendacións” de exemplares semellantes.  Unha vez atopado e vendo se está dispoñible, temos as opcións de lectura en streaming ou de descargalo no noso  lector de libros electrónicos, tableta ou smartphone.

  •  A lectura en liña (streaming) faise directamente, simplemente accedendo coa nosa conta e contrasinal.
  • Se, polo contrario, queremos descargar o arquivo- pdf ou epub- no noso lector de libros electrónicos- tendo en conta que é por un período determinado de préstamo, polo que cómpre falar mellor de “lectura sen conexión”-precisamos crearmonos unha conta en Adobe Digital Editions. A razón disto é que os libros que integran a plataforma están protexidos con DRM ,é decir, unha protección do arquivo contra usos indiscriminados). Esta conta en Adobe Digital Editions proporcionaranos un ID co que poderemos “desempaquetar” o arquivo seleccionado. (Sobre a política de protección de datos de Adobe, temos unha nota no tutorial que podedes ler aquí

Podese ler en calquera tablet, smartphone ou lector de libros electrónicos? Preciso dalgún programa específico a maiores?

Para a lectura en liña, procederíamos do mesmo xeito explicado anteriormente. Sempre que teñas un ID de Adobe, poderás ler en varios dispositivos, sexa teléfono ou tableta.  Nos teléfonos móbiles, unha aplicación gratuíta para Android ou IOs como Bluefire Reader, asi coma outras específicas de lectura para familia Ios.  Hai unha única restricción en canto a isto: os lectores Kindle non admiten o préstamo de Prelo.

De canto tempo dispoño para a lectura? Cantos exemplares podo levarme e como saberei que os teño que devolver…ou como os devolvo?

Lóxicamente coma en tódolos catálogos en liña, Prelo avisa de se o exemplar atopado está dispoñible ou non. No caso afirmativo, dispoñemos de quince días renovables de non haber reserva. Podemos levar en préstamo un máximo de dous exemplares. POdemos, tamén, facer reservas, avisándonos o sistema cando o libro esté dispoñible. Cómpre decir que os libros electrónicos non suman exemplares aos préstamos “físicos” (DVDs, libros impresos, etc.) que o usuario teña prestados nese momento.

Os libros deixarán de estar dispoñibles nos nosos dispositivos ao pasar os quince días de préstamo. Tamén temos a opción de devolvelo antes. premendo no botón correspondente do servizo.

Deixar un comentario

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Día das Letras Galegas 2019

Antonio Fraguas Fraguas