BUSC, Fondo antigo, Varios

O facsímile da Biblia de Kennicott na BUSC

dos columnas

Facsímil da”Biblia Kennicott-, exemplar da BUSC.

 

De cando en vez, algunha xoia bibliográfica acada actualidade e asoma nas novas, nos xornais, nas conversas. Nos pasados días sucedeu coa Biblia de Kennicott  debido á reclamación que fai a comunidade xudea galega para a súa devolución dende a Bodleian oxoniense, lugar onde se custodia agora.  Prescindindo de polémicas, a devandita Biblia merece que, alomenos, coñezamos o porque da súa importancia. Polo tanto, comentaremos brevemente algúns pormenores  deste magnífico manuscrito iluminado do que conservamos unha edición facsímile na BUSC.

A chamada Biblia de Kennicott é  un dos manuscritos iluminados máis exquisitos que se coñecen en lingua hebrea.  Segundo consta no colofón, foi escrita en 1476, pouco antes da expulsión dos xudeus de España, e a súa elaboración durou dez meses. No colofón aparece “en la ciudad de A Coruña, en la provincia de Galicia en el Noroeste de España, el miércoles día tercero del mes de Av en el año 5236 de la Creación”, e dicir, o 24 de xullo de 1476. A Biblia sería un encargo de Salomón de Braga, xudeu de boa situación económica, orixe portugués  e residente na Coruña, para o seu fillo Isaac; parece que respondendo ao desexo frustrado de Solomón de facerse cunha copia da Biblia de Cerverahoxe no Museo Nacional de Lisboa– da que a realizada na Coruña seguiría o mesmo esquema en canto a textos e iluminacións.

Deixamos unha mostra dalgunhas destas ilustracións, onde podemos aprezar detalles de inmensa beleza onde se dan cita reis, dragóns, paxaros….

O texto, a dúas columnas en letra cursiva cadrada sefardí, foi realizado con tinta castaña. No colofón que pecha o manuscrito, Ibn Zabara declárase único responsable do texto copiado, anotado, corrixido, realizado as pertinentes marcacións vogais e supervisado a súa adecuación á tradición.  O plantexamento da obra como un obxecto de luxo queda patente nas abundantes e fermosas ilustracións ao longo de  duascentas páxinas (o total do libro conta con máis de novecentas). A importancia das ilustracións e ornamentacións, cheas de colorido e aplicacións de ouro,  refórzase co feito de que o artista responsable Joseph Ibn Hayyim, , considerado entre os mellores do seu tempo, firmara o seu propio colofón,  algo pouco usual entón. Ibn Hayyim realizou una obra de estilo único, chea de imaxes antropomórficas,  zoomórficas e abstractas, destacando a utilización de ilustracións de tipo narrativo como a famosa imaxe de Xonás e a balea.

jonás

A pasaxe bíblica na que unha balea engule a Xonás.

A razón de ser coñecida coma Biblia Kennicott debese ao cóengo da  Igrexa de Cristo de Oxford e destacado hebraista Benjamin Kennicott (1718-1783),  que adicou a súa vida os estudos comparativos entre centos de manuscritos hebreos de todo o mundo. Kennicott mercou o manuscrito que pasaría  a formar parte da colección da  Biblioteca Radcliffe, de onde foi transferida en 1872 a Oxford, onde segue na actualidade. como xa dixemos. Na BUSC, ademais do facsímil da Biblia, temos os dous tomos do Vetus Testamentum Hebraicum, comentarios de Kennicott ao Antigo Testamento.

vetus

Vetus Testamentum Hebraicum, exemplar da BUSC

O manuscrito orixinal aínda se garda na súa caixa orixinal de pel, na Bodleian Library de Oxford baixo estritas condicións de conservación e consulta, aínda que podemos consultar a súa dixitalización en liña  A Bodleian Library custodia unha das coleccións más importantes do mundo de manuscritos hebreos. No  ano 2013, The Jewish Museum of NY realizou unha exposición- baseada na previa celebrada na propia Bodleian- chamada  Crossing Borders: Hebrew Manuscripts as a Meeting-place of Cultures, onde podemos apreciar imaxes da Kennicott de altísima calidade.

Advertisements

Conversa

Trackbacks/Pingbacks

  1. Pingback: Vendo xoias da BUSC e na Biblioteca América: curso sobre historia do libro | Fonseca - 10 Xullo 2015

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: