BUSC, Catálogo, Fondo antigo, Galicia, Minerva, Patrimonio, Recursos propios, Repositorios

España morreu (en 1756) : velaquí o seu testamento (sobre o anónimo atribuído a Macanaz)

JAVI VILLAR 

 

En 1795,na corte do rei de España Carlos IV, apareceu enriba dunha mesa un manuscrito do que non se sabía nin o seu autor nin quen fora o que o deixara alí abandonado. O rei, impresionado despois da súa lectura, tentou informarse da súa orixe. Pero tan pronto como a Inquisición soubo da súa existencia, enviou comisionados por toda España para tratar de prender ó seu autor. Atopárono nun convento de Sevilla, pasando tres anos na cadea durante os cales apareceron copias novas do manuscrito, feitas coa mesma caligrafía, demostrando a inocencia do pobre home preso.

O manuscrito era una demoledora crítica contra o poder político, relixioso, económico e social da España do século XVIII, baixo o recurso retórico do testamento dunha España personificada e moribunda, cargado de ironía, sátira e pesimismo. O texto da obra circulou manuscrito copiado de pluma en pluma, sempre anónimo e sempre de xeito clandestino, pois só a súa posesión podía carrexar anos de cárcere. En canto empezou a circular impreso, ben se coidaban de non dar pistas do responsable da súa edición, impresión ou publicación. Como exemplo, véxase esta portada, dunha desas impresións, onde non conformándose coa ocultación dos datos de impresión faise ata burla no seu pé de imprenta:

 

portada-burlesca

Foi unha obra moi copiada e moi impresa xa no século XIX, pero da que non se conservan moitos exemplares. Un deles (impreso arredor do ano 1838) está no fondo depositado pola Real Sociedad Económica de Amigos do Pais na Biblioteca Xeral, hai case xa 100 anos coa signatura RSE.Foll 111/17.  Paga a pena botarlle unha ollada a este breve opúsculo que, malia non ter  moita calidade literaria,  si moita significación política e incluso quizá demasiada actualidade. Ademais, os interesados en botar esa ollada non teñen que vir á Biblioteca Xeral: poderán disfrutar dunha simpática e deliciosa lectura dende este enlace que leva ó noso Repositorio Minerva onde está depositada.

 

portada-testamento-de-espana

Os investigadores non se poñen de acordo, pero a hipótese mais verosímil sostén que podería ser unha obra escrita en 1756, apuntando a autoría de Gaspar Melchor de Macanaz. Para os interesados en ir máis alá sobre esta misteriosa obra poden acudir a este estudo realizado polo Instituto de Estudios Albacetenses en 2001 ou o inxente traballo feito por Carmen Martín Gaite previamente.  Macanaz estivo preso no Castelo de Santo Antón na Coruña, algo lembrado tamén nun artigo de Carmen Molina, baixo o suxerente título Apresar a un soñador.

Non podemos rematar esta reseña sen citar as alusións aos libros e a Universidade presentes nos desexos testamentarios dunha España moribunda do século XVIII:

“Que se quemen públicamente las imprentas para que se perpetue la ignorancia, madre de la obediencia; y que si quedare alguna por particular privilegio sirva solamente para imprimir romances, calendarios y novelas para diversión de ociosos (…)

“Que en cuanto a las ciencias no se innove cosa alguna, pues estamos adelantados mas que nuestros ascendientes los Godos, que habiendo introducido la ignorancia en toda Europa, se domiciliaron en España, cuyas preciosas máximas se han de conservar para beneficiar la antigüedad de nuestro origen y costumbres.

Es cierto que nos aventajamos a estos, pues no tuvieron universidades como nosotros tales son las de Salamanca, Valladolid, Zaragoza, Alcalá, Valencia y otras patrias de la presunción donde se estudia para ignorar, no para aprender, donde reside la terquería y el amor de su propio parecer. Los catedráticos enseñan lo que no saben, y sus discípulos aprenden lo que debieran ignorar…” (p. 47-48).

Consciente ou inconscientemente, o ignoto autor deste texto no menciona á Universidade de Santiago de Compostela do século XVIII…

 

Advertisements

Conversa

2 thoughts on “España morreu (en 1756) : velaquí o seu testamento (sobre o anónimo atribuído a Macanaz)

  1. Coma sempre, un pracer coñecer a nosa biblioteca e aprender con Javier

    Gústame

    Posted by Isabel | 28 Setembro 2016, 13:46

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: