BUSC, Catálogo, Efemérides, Minerva, Patrimonio, Recursos propios, Redes sociais

Violencia contra as mulleres: unha achega dende o catálogo da BUSC

Este 25N tinxiremos de novo as portas do Pazo de Fonseca, berraremos NON! á violencia machista. Precisamos moita máis educación, máis conciencia e, dende logo, deixar claro que calquera forma de maltrato ten que erradicarse da nosa sociedade.

E reflectindo a sociedade está a investigación que se fai sobre os feitos. Comezamos a darlle voltas aos termos que utilizamos decotío para falar de violencia contra as mulleres- que ese é o termo admitido no catálogo da BUSC- e do vocabulario que asociamos ao mesmo.

  • Comezamos a nosa pescuda buscando polo termo “violencia de xénero”. Isto reconduciunos ao termo “violencia contra as mulleres”, que é o termo admitido.

    398 rexistros conteñen o tema “Violencia contra as mulleres”, o termo ao que accedemos desde “Violencia de xénero”. (Preme na foto para recuperar a busca no catálogo da BUSC)

  • Lóxicamente, temos que buscar tamén “Machismo“. E atopamos un total de 18 rexistros.

(Prema na fotografia para acadar a busca no catálogo da BUSC)

  • Buscamos tamén outro termo asociado: “Mulleres vítimas de violencia”:

120 rexistros na BUSC baixo o tema “Mulleres vítimas de violencia” (premede na imaxe para recuperar a busca no catálogo).

 

  • Buscamos tamén “violencia na parella” : 

5 rexistros con “Violencia na parella” como tema asociado.

E, a partires de aí, “acoso sexual”, “delito sexual” (que comprenden os abusos a nenos e nenas) “violación” ou mesmo   a  “violación como arma de guerra”, unha das caras da humillación e sometemento ás mulleres.

Premede para ver listaxe dos rexistros directamente no catálogo da BUSC

Premede para atopar os rexistros que conlevan o termo “liberdade” como materia no catálogo da BUSC.

E poderíamos seguir enlazando con termos que, de cerca ou de lonxe, teñen que ver con que certas condutas aínda sigan vivas na sociedade. Falemos, tamén, de  violencia familiar ou sexismo na educación, por exemplo.  E, para non deixar de pensar que todo isto pode ser mellorado por nós, falemos, dunha vez por todas, de dereitos humanos, de igualdade de xénero. Falemos sobre todo de libertade (439 rexistros no catálogo da BUSC) 

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Advertisements
%d bloggers like this: