Acceso Aberto, Alfabetización e competencias, ALFIN, BUSC, Recursos electrónicos, Repositorios

REBIUN: XXV asambleas…e as que virán

MABELA CASAL

 

O pasado 15 de novembro arrancou en Logroño a Asemblea anual de REBIUN. Pero aínda que soe a tópico, non foi una Asemblea calquera. Durante os tres días de duración da mesma, ademais de debater os temas que de xeito habitual nos preocupan nas bibliotecas universitarias, homenaxeamos á propia historia de REBIUN. E non é pouca cousa, pois na súa corta pero intensa vida, REBIUN foi testemuña e moitas veces motor fundamental da espectacular transformación das bibliotecas universitarias en España.

Moito se ten camiñado dende 1988, ano no que nove universidades publicas españolas (entre elas, a nosa) decidiron promover un proxecto de cooperación bibliotecaria que cristalizaría na  rede de bibliotecas universitarias REBIUN en 1990. Neses anos inicias, que viron como mais universidades se unían ao núcleo primixenio, puxéronse en marcha tres iniciativas cooperativas fundamentais: catálogo colectivo, préstamo interbibliotecario e formación do persoal bibliotecario. ​

En 1996 xorde o segundo REBIUN; froito da fusión da REBIUN inicial e de CODIBUCE (Conferencia de Directores de Bibliotecas Universitarias y Científicas Españolas, que articulaba a súa actuación mediante a constitución de grupos de traballo sobre préstamo interbibliotecario, estatísticas de bibliotecas e interconexión e cooperación bibliotecaria). E un ano despois aparece o actual REBIUN, como resultado da súa incorporación á Conferencia de Rectores das Universidades Españolas (CRUE)  en calidade de comisión sectorial especializada en cooperación bibliotecaria.

Nos tres días de asemblea que foron acollidos magnificamente pola Universidad de La Rioja, celebramos que levamos traballando xuntos dende hai moito tempo. A partir dunha serie de vídeos que recollían as palabras dos grandes nomes que salpican a historia de REBIUN (Remedios Moralejo, Margarita Taladriz, Lluis Anglada, ou José Antonio Merlo por citar algúns) e doutras persoas ao fronte de organizacións como a BNE, FESABID ou a Subdireccion General de Coordinación Bibliotecaria, recordamos a nosa historia recente, e nos felicitamos por contar entre os actuais directores e directoras das bibliotecas universitarias con Santiago Asenjo, Mercé Cabo, Joan Ramón Escofet, Nieves Taranco e o decano, Ramon Rodriguez, testemuñas privilexiadas dos últimos 25 anos na universidade española.

Infografía que amosa os datos conxuntos das bibliotecas universitarias que forman parte de REBIUN.

Pero xunto ao recordo, houbo tempo para presentar os resultados do noso traballo ao longo de 2017. Foi este  un ano no que de novo as negociacións con provedores e entidades de xestión de dereitos de autor estiveron na nosa axenda. Pero estes  temas, moitas veces os máis polémicos, non deben ocultar outro traballo continuado e que sostén o quefacer diario dun dos servizos máis estratéxicos na universidade española: a biblioteca. A nosa Rede de Bibliotecas da servizo a máis de 2 millóns de usuarios entre docentes, investigadores, estudantes, persoal de administración e servizos e usuarios externos. Máis de 6.000 profesionais e 110 millons de € en recursos de información que se traducen en 51 millóns de monografías e case tres millóns de revistas (por certo, arredor do 80% delas so en soporte electrónico). Poucos servizos na universidade poden presumir de manexar estas cifras e poñer sobre a mesa estes resultados na súa xestión.

 

 

En 2017 REBIUN volveu estar presente en diversos foros nacionais e internacionais onde se falou de competencias dixitais para os alumnos; da importancia de contar con datos fiables, solventes e robustos de medición estatística para poder compararnos e avaliarnos, pero tamén para poder por en valor os nosos servizos; reunimos a expertos en patrimonio bibliográfico para abordar os temas que teñen que ver coa súa adecuada xestión; e cos nosos colegas portugueses  discutimos sobre acceso aberto e sobre como democratizar o coñecemento. Estes son so algúns exemplos da labor levada a cabo este ano por CRUE REBIUN.

Tamén somos conscientes da importancia de non instalarse na  autocompracencia e da  obriga de avaliarnos constantemente para cumprir co noso fin último: contribuír á consecución dos obxectivos da institución á que damos servizo. Por iso, presentouse o informe de avaliación do actual plan estratéxico, cun horizonte temporal próximo que nos indica que temos que traballar para deseñar o seguinte.

Finalmente, en 2017 tamén quixemos recoñecer a importancia do traballo das bibliotecas noutros sectores, porque recoñecer as boas prácticas noutro tipo de bibliotecas axúdanos a conectar coa sociedade na cal nos inserimos, e, en definitiva, tamén nos estimula a fomentar unha cooperación e colaboración que pode e debe estenderse máis alá dos límites da nosa institución.

Para quen teña interese, no seguinte enlace pode ver as conclusións da Asemblea nas que se reforza o espírito REBIUN e o papel das bibliotecas universitarias como axente activo na transformación dos servizos na sociedade dixital.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: