Persoal de bibliotecas

Fenda salarial na British Library (e noutros lugares)

 

Lemos en The Bookseller un artigo titulado British Library reveals 6.2 gender pay gap , amosando, segundo recentes informes, que as traballadoras da British Library reciben un 6.2% menos de salario que os homes. A institución ten que presentar os seus datos de fenda de xénero salarial neste mes de abril do 2018,e o resumo sería algo así:

  • Os homes cobrarían unha media de 16.75 libras esterlinas, mentres que as mulleres soamente recibirían 15.72 polo mesmo traballo e o mesmo tempo.
  • As mulleres representan o 55% da totalidade das persoas que traballan na British Library. Non se entende como, por exemplo, no caso dos bonos a diferencia chega a ser dun 25.45%

A anticipación coa que a British publica os resultados, ten a intención- segundo un voceiro da mesma- de amosar o compromiso de solventar estas diferenzas; subliñando tamén a súa política de animar ás mulleres a participar en sectores de traballo na biblioteca nos que aínda teñen pouca representación, tales como o sector de negocios ou a área TIC.

Que sucede noutros lugares? Aínda que gustaríanos dispoñer de datos máis recentes, un informe publicado por Department of Professional Employers, amosa que aínda que no contexto norteamericano a profesión segue a ser maioritariamente feminina, a fenda salarial pervive; sen obviar as diferenzas tamén no salario obtido por mulleres de diferentes razas, co que estaríamos a falar tamén dun novo aspecto na discriminación salarial e que atinxe tamén ás razas.

No contexto europeo, revisando as estatísticas recompiladas pola Comisión Europea no programa Eurostat statistics explained- con datos actualizados a marzo do 2018,-fixemos unha busca co compoñente “Información e documentación” (exclúe administración pública, falamos de traballadores e traballadoras por conta allea)

 

Sería interesante coñecer datos de empresas privadas ou fundacións adicadas ao tratamento da información. Teñen políticas de igualdade expresa?  Si coñecedes datos, por favor, participade nos comentarios. Grazas!

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

Advertisements
%d bloggers like this: