Internet, Recursos electrónicos, Redes sociais

Cal é a web que queremos? Preguntádelle a Tim Berners-Lee, que volo conta.

 

 

L.G.

En xaneiro deste ano 2019, víamos a Tim Berners-Lee falar do trinta aniversario da world wide web e falaba de xeito mou pouco complacente: aludía a  como certos intereses (políticos, publicitarios, espurios en definitiva) contaminaran o que era a idea orixinal de deseñar un espazo libre, gratuíto e universal de experimentación, comunicación e traballo. E, ollo, un detalle que ás veces esquecemos: UNIVERSAL. Cando falamos de que Internet democratiza as cousas, esquecemos que hai moitas, moitísimas persoas no mundo que non teñen acceso á rede.
Imos coa mensaxe deste mes de xaneiro:

 

 

Con esta mensaxe, que anunciaba unha estratexia na que se pretendía implicar aos chamados” xigantes tecnolóxicos”, especialmente en temas relacionados con privacidade, espionaxe e datos persoais,sir Tim Berners-Lee, o creador da web tal e como a coñecemos, apuntaba á súa preocupación e malestar co devenir da rede de redes.  Por poñer un dato,  lembremos o que sucedeu con Facebook e o seu vencellamento con Cambridge Analytica  ou a recompilación masiva de datos de doentes feita por Google e coñecida a principios deste mes. Deste xeito a Web Foundation (presidida por Tim Berners-Lee) traballou con diversos representantes de colectivos de defensa dos dereitos de usuarios da web, entre eles a Electronic Frontier Foundation (unha das principales valedoras de Aaron Swartz) no documento “A contract for the web”que establece establece unhas normas e principios que deberían presidir un comportamento responsable na web. Lembremos tamén que Amnistía Internacional ven de denunciar a espionaxe e recompilación masiva de datos que fan diversas grandes empresas de Internet, polo que a vixiancia sobre elas vai ser constante.

 

Os nove principios fundamentais para o desenvolvemento dunha web libre, segundo o manifesto “Un contrato para a web”. Tirado da versión en castelán da páxina (premede para orixinal).

O documento, asinado ata agora por grandes corporacións entre as que se contan Twitter, Microsoft, Google ou Facebook, consta de NOVE PRINCIPIOS FUNDAMENTAIS, con tres bloques de responsabilidade fundamental: gobernos, compañías e cidadanía; dende garantir a accesibilidade e o respecto á privacidade, ata cuestións de índole moito máis filosófica e sobre as que convén reflexionar coma loitar pola web. Esta loita apela a unha cuestión fundamental que é a tarefa que temos usuarios e usuarias de Internet de estar alerta e atentos para denunciar comportamentos inadecuados ou abusivos,converténdonos nunha cidadanía activa e responsable. O que pode suceder so o sabe o futuro, pero a intención é desenvolver unha comunicación libre de certas tiranías.

Non nos resistimos a engadir un artigo no que Berners-Lee explica como naceu a web,escrito para Scientific American hai máis de vinte anos: Long live the web: a call for continued open standards and neutralityE non podemos resistirnos non soamente pola información que nos transmite: e que pode que sexa un dos comezos máis chulos da historia : “The world wide web went live, on my physical desktop in Geneva, Switzerland, on December 1990 (…)”. 😉

 

 

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Día das Letras Galegas 2019

Antonio Fraguas Fraguas

A %d blogueros les gusta esto: