Acceso Aberto, Comunicación científica

Da historia (e a crise) da “revisión por pares”

hogarth

Scholars at a lecture /William Hogarth Imaxe da colección Open Access Scholar Online (OASC) do Metropolitan Museum of Art (MET). Prema na imaxe para orixinal

Hoxe traemos unha tradución algo libre (engadindo ligazóns) ao texto de Ayleen Fyfe Peer review: not as old as you might think publicado no Times of Higher Education. Pareceunos bastante interesante, dado que o proceso de revisión por pares ou peer review é fonte de controversia. A autora fai un percorrido histórico por algunhas sociedades científicas que, no seu momento, empezaron a engadir a arbitraxe de expertos, alleos as propias sociedades, para arbitrar e avaliar os contidos dalgunhas contribucións; fronte a defensa do editor coma figura única. Conclúese que non é tan vello o invento, e a mesma autora, no parágrafo de presentación, decide que dado que esta práctica non é tan antiga non pode ser considerada unha “vaca sagrada” no entramado da comunicación científica. Engadimos ademáis dous artigos que consideramos son de obrigada lectura e reflexión: por unha banda, o aportado por Julio Alonso Arévalo no blog Universo Aberto e titulado Lucha contra las revisiones científicas fraudulentas  (baseado, a súa vez, noutro de Aja Romano) no que se determina que arredor dun 15% das revisións de artigos son fraudulentas e, outro tamén, moi interesante que limos onte en The Guardian Peer review, preprints and the speed of science, asinado por Stephen Curry no que se fai unha exposición ben interesante dos límites e cuestionamento do actual sistema de peer review detentado polas grandes editoriais en STM, abogando por un sistema mais aberto e baseado nos comentarios, por exemplo, aos preprints.   Agardamos que esta recompilación sexa do voso interese.

Hai unha crise do peer-review ou revisión por pares? Este feito púxose enriba da mesa na Conference da Royal Society sobre o futuro da comunicación científica, nunha reunión que conmemoraba tamén o 350 aniversario da revista Philosophical Transactions, a  considerada a primeira publicación en aplicar tal metodoloxía de control. Como o autor do artigo afirma, trátase dun mal xeito de comprender a práctica editorial da lendaria revista. As investigacións mais recentes sinalan na liña de que Henry Oldenburg, o fundador de Philosophical Transactions, atopaba materiais para a súa publicación de entre a morea de correspondencia que mantiña con investigadores de toda Europa, lía manifestos e artigos soltos, e tamén obtiña información da súa participación nas reunións da Royal Society. De todas estas fontes el traducía, facía resumos e solicitaba tamén cooperación, coma activo editor que era. Durante moito tempo, e case ata a metade do século- o autor pon o exemplo de Nature–  a historia demostra que son os editores das revistas – e non os “pares” ou “árbitros”- os que toman as decisións, os que efectúan o papel de discriminar o publicable ou no ata o extremo que as revistas eran coñecidas coloquialmente como “a revista  de tal ou cal editor”, tal era a importancia que tiñan no producto final. Podemos asimilar esta idea á de revisión por pares tal e como a coñecemos agora?  A resposta é “non”.

O que sucedeu foi algo tan sinxelo coma a necesidade, por parte dalgúns editores, de pedir consello para avaliar algún traballo sobre temas dos que non tiñan un dominio total. É decir: o que apuntaba Denis Diderot cando decía que unha publicación científica tiña que ser o resultado dunha “sociedade de eruditos”. E asi xurdiu o Journal des Sçavans (posteriormente des savants) abranguendo unha multitude de disciplinas e que xa en 1701 tiña o que hoxe coñecemos coma consello editorial, algo que non acadou o Philosophical Magazine ata 1850.  De tódolos xeitos, o feito de ter un “consello de sabios” interdisciplinar aumentaba  os campos de traballo pero, mesmo tomando decisións individuais nas súas especialidades, aínda tiñan que someterse ao criterio, e tamén aos prexuizos, do editor en xefe.  Aos editores de xornais non parecía preocuparlles moito este feito, pero si as sociedades científicas que editaban revistas.

No século XVIII, as mais destacadas sociedades francesas e británicas, desenvolveron principios para facer avaliacións colectivas dos contidos. A Royal Society tomou o control de Philosophical Transactions en 1752 e introduxo unha nova política pola que se determinaba que sería a Sociedade coma colectivo a que avaliaría os contidos que apareceran nas súas páxinas. Deste xeito,  o dano potencial dun sesgo persoal, prexuizo ou mesmo incompetencia quedaría minimizado.  Unha Comisión de Artigos crease para avaliar as contribucións  presentadas nas reunións da Sociedade Científica para a súa posible publicación. A diferenza entre esta Comisión de Artigos e o Consello Editorial é que o primeiro ten que tomar decisións de xeito colectivo e mediante a emisión dun voto.  A Académie Royale des Sciences en París era outro tipo de organización, dado que os seus membros recibían un soldo e era a Corona quen os escollía. Unha das súas tarefas consistía en valorar os méritos dos inventos e descobrementos que facían cidadáns non vencellados a contorna académica, constituindo para tal fin equipos pequenos de traballo que emitían un informe escrito ao final. Coma é lóxico, asegurar un dictamen positivo destes avaliadores a soldo conlevaba grandísimas ventaxas para o candidato en cuestión: dende obter unha patente ata ser nomeado nos productos comerciais derivados, pasando pola posible publicación das resultas do achádego noutro xornal.  Ambos sistemas consisten en tomas de decisións nas que intervén mais dunha persoa. No caso francés, mediante unha coidada selección de persoal e no británico tendo suficientes membros no consello para abarcar tódolos ámbitos do saber e mesmo convidando membros externos, se fora necesario. Tan diferentes eran as metodoloxías das dúas sociedades coma as súas declaracións de rigor e certeza: a finais do XIX, Academie des Sciences abandoa a práctica desenvolvida por eles- tiñan que refutar e comprobar tódolos achádegos- por complexa e polo investimento de tempo que supuña. Pola súa banda, os británicos poñían un aviso ao principio de cada número no que  explicaban que o proceso de selección non podía determinar a certeza do alí exposto, derivando tal responsabilidade aos autores. Mais que centrarse na “certeza dos feitos, o comité centrábase mais na “importancia e singularidade” das contribucións.

A práctica do que nós coñecemos agora coma “peer-review” ou “revisión por pares”- pero non o termo en si mesmo- aparece por primeira vez  a principios do século XIX. A Royal Society comezou a buscar asesoramento e informes de expertos nalgunhas materias coma forma de reafirmar as súas decisións editoriais.  En 1827, una pequena comisión da Royal Society- no que figuraba o pioneiro da computación Carles Babbage- suxeriu asimilarse ao modelo francés e reclamar o asesoramento de pequenos comités. Esta suxerencia ignorouse.  Ata 1831 non houbo experiencias neste sentido, pero dende 1832, a Royal Society comezou a solicitar informes independientes, que se dirixian ao Consello de Redacción. A partires de alí, este arbitraxe apareceu coma unha práctica mais ou menos habitual nas Sociedades Científicas. Charles Darwin, por exemplo, experimentouno desde os dous lados: coma autor na Geological Society a finais de 1830 e coma revisor tanto na Royal Society coma na Linnean Society. Temos que ter en conta, por exemplo, o placenteira que era a tarefa editoirial para George Gabriel Stokes, secretario da Royal Society entre 1854-85. Adicaba moito  tempo á correspondencia con autores e revisores (foi un dos primeiros e entusiastas usuarios de máquina de escribir), desenvolveu a práctica de compartir as suxestións dos revisores cos autores, guiándolles deste xeito no modo de elaborar as respostas.  A revisión, polo tanto, acadou diversos roles: no proceso de seleccionar traballos para unha publicacion implicaba unha avaliación tanto da orixinalidade do traballo en sí coma da súa adecuación á liña editorial da revista en si mesma e, tamén,  unha “semiconversa, moderada polo secretario, entre autores e revisores, co gallo de acadar melloras no resultado final do texto.  O traballo de edición nas sociedades científicas a mediados do século dezanove  recaía na habilidade e pericia dos revisores, combinada cun comité moderador de decisións para evitar favoritismos. Unha das consecuencias desta metodoloxía de traballo facía que as sociedades científicas non poideran publicar tan rápidamente coma as revistas convencionais, dirixidas directamente polos seus editores. A publicación nas sociedades científicas adquiren un enorme prestixio, pero non eran precisamente o vehículo mais rápido para a difusión de novos achados na ciencia.

Foi soamente a finais do século XX cando a tarefa de revisión foi bautizada coma “revisión por pares” ou peer review,  adquirindo o seu sentido de proba mais alá das dúbidas razoables. Segundo o Oxford Dictionary, a expresión peer review aparece por vez primeira en 1967 e descrita coma “unha forma de revisión da competencia doutros no mesmo campo”. Si acudimos a un ngram de Google- que permite visualizar por anos a frecuencia dunha frase en documentos impresos- os resultados son concluíntes: foi na década de 1870 cando  a denominación se fixo visible, coincidindo cun aumento do uso do proceso de revisión alén das sociedades científicas,sendo ddoptado, por exemplo, por Nature e NSF.  O que aínda non se comprende ben é en qué momento despois da II Guerra Mundial o proceso pasou de ser unha arbitraxe a ser revisión por pares propiamente dita. E, sobre todo, por que acadou o triunfo na avaliación da investigación científica.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: