BUSC, Comunicación científica, Exposicións, Galicia, Minerva

“Científicas na USC: as pioneiras” ou cousas que fixemos na EDITATONA 2018

Onte, 20 de febreiro, a Biblioteca Universitaria, a Oficina de Igualdade de Xénero e a Galipedia organizamos unha edición colectiva de contidos baixo o título con que encabezamos este post. Dende aquí, moitas grazas  pola participación, a Xoana Pintos, a AMIT-GAL  e as compañeiras da Biblioteca Intercentros de Lugo, especialmente a Rocío Moreiras pola súa implicación. Quedan abertas as carpetas que fixemos con contidos tanto en Mendeley como en Refworks- carpetas públicas da USC no primeiro caso e grupo público no segundo-  e tamén o vídeo na nosa canle de Youtube sobre como rexistrarse e os primeiros pasos na Galipedia

 

Grazas dun xeito especial a Galipedia e, especialmente, a Adrián Estévez que pasou esa xornada connosco explicándonos como facer, axudándonos e que recompila os datos que a continuación vos amosamos. As fotografías son do gabinete de comunicación da USC.  Na páxina do evento na Galipedia aparecen os artigos modificados e as persoas que traballaron en cada un. Tamén temos recompilada a repercusión nos medios de comunicación.  Podedes velo aquí: Segundo Wikimaraton do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

De novo, moitas grazas!

 

Antes de comezar a xornada anotáranse 21 participantes. Ao longo do día xuntáronse outras 3 persoas, até un total de 24, das cales 18 o fixeron de forma presencial na Biblioteca Concepción Arenal e 6 de forma virtual.Creáronse ou ampliáronse 23 artigos, dos cales máis da metade foron sobre alumnas da Universidade de Santiago:Kisamor, Dolores Lombardero Martínez, Antonia Ferrín, Josefa Ron Noya, Ana Crespo, María de la Concepción Carnero Valenzuela, Irene Lucía Álvarez Veras, Luisa Cuesta Gutiérrez, Tarsy Carballas Fernández, Ramona Vaamonde Fernández, Gueraula Codines, Ascensión Vidal Piazuelo, Manuela Barreiro Pico, Dolores Lorenzo Salgado, María Rosario Aida Méndez Miaja, Susan Dimock, Elisabeth Christina von Linné, Balbina López Somoza, Anna Sandström, Elisa Díaz Riva, Rebeca Atienza, Sarah Parker Remond e Catherine Gage.A xornada comezou cunha charla de introdución xeral á edición na Wikipedia. Falouse da necesidade de indicar a orixe da información incluída, e explicouse a diferenza entre o editor visual (máis intuitivo) e editar en código fonte. Despois as persoas participantes animáronse a ir editando cadanseu artigo, nos que colocaran un indicador de que estaban a editar nel para evitar conflitos de edición. Conforme a xente ía rematando de redactar artigos, foise explicando tamén as posibilidades de HotCat para incluír as categorías correspondentes. Ao remate da sesión, explicouse por riba o funcionamento de Commons e WikiData como repositorios de información, tanto de documentos audiovisuais como de datos.

Conversa

Trackbacks/Pingbacks

  1. Pingback: Ciencia Aberta e Igualdade de Xénero: o que fixemos na #OAWeek | Fonseca - 8 Novembro 2023

Deixar un comentario

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Día das Letras Galegas 2019

Antonio Fraguas Fraguas