Alfabetización e competencias, Comunicación científica, De autor, propiedade intelectual

Escritura pantasma e outras imposturas na publicación académica

 

Photo by Darkness on Unsplash (Unsplash license)

L.G.

Estamos a ler moito nos últimos tempos sobre as chamadas fake news (as trolas de toda a vida), as  mentiras dadas por certas nos medios de comunicación e nas redes sociais; a viralidade fai o resto. Moitas son as razóns e non é este o espazo para analizalas, dende a infoxicación ata a mala intención, pasando polo mal do século XXI, que non é outro que a falta de criterio.

Lemos en El País un artigo titulado Se vende trabajo de fin de carrera. Nel se fala de diversos sitios web onde podemos atopar quen – en singular e plural- podan redactar traballos de fin de grao, de master ou mesmo ofertar os seus.  Sobre os chamados negros literarios (un termo que tanto a RAE como a RAG recollen en cadanséus dicionarios) existe toda unha longa tradición na realidade, no cine e mesmo na literatura. Pero o feito de crear un negocio que resolva a necesidade dun traballo final dun grao é algo bastante novidoso. Na reportaxe que enlazamos máis arriba, a xornalista cuestiona a unha avogada a posible conduta punible disto, resolvendo que é unha práctica que non é ilegal, pero que pode dar pe a ser cooperantes en vulneracións de dereitos de autor.Por outra banda está a cuestión de que non sexan traballos orixinais, constitúan un fraude en si mesmos e admiten a dificultade para probar as infracións.

O certo é que determinadas empresas (mencionadas no artigo) nacen ao abeiro da detección desta necesidade, algo do que se decataron algúns estudantes na época da carreira. Deixando ao marxe o feito de que deberíamos parabenizarnos por espertar esa habilidade para start-ups (o que poñería en entredito o tan mentado divorcio entre Universidade e mercado laboral) a ensinanza que se desprende do asunto é que, por unha banda, existe una lei do mínimo esforzo (previo pago de taxas que chegan ata oos 700 euros deixando escoller ata o estilo da bibliografía) e, por outra, que as prédicas que facemos con respecto a imposturas e actividades fraudulentas (a palabra máxica é “plaxio” para que nos fagan caso) quedan nalgúns momentos no limbo. As empresas de “ghost writers” defenden que os dereitos de explotación da obra pertencen ao estudante, do mesmo xeito que a suplantación da identidade e a responsabilidade derivada dela, áinda que o dereito moral pertence ao autor inicial. Contra a delgada liña vermella na que se sitúan estas empresas de traballos a demanda, algunhas universidades comezan a solicitar entregas parciais dos traballos  ou ter en conta o informe final do tutor do alumno para a nota final, non soamente o TFG.previamente, subliñando ademáis que é difícil de saber si algún dos usuarios destas plataformas fai despois unha exposición perfecta.  As persoas consultadas insisten tamén en que un plaxio total si pode detectarse existindo ferramentas para iso, ademáis de existir sancións concluíntes.

Pero que sucede cando as imposturas, cando os falsos autores chegan ás publicacións científicas? Lemos un artigo de Adam Whillite False investigators and coercitive citations are widespread in academic research. O autor céntrase en dúas prácticas especialmente preocupantes, ao seu xuizo:

Causas do engadido de investigadores pantasma segundo a tese de Wilhite. (Tomamos a imaxe do artigo, ligazón ao premer a imaxe).

a) Por unha banda, o engadido de investigadores “pantasma”, xeralmente á propostas para financiamento dunha investigación, sabendo que non van participar na mesma. Faise unha análise deste feito determinando que cinco son os motivos que poden levar a esta práctica fraudulenta, sendo a reputación o máis salientable cun 61% de práctica. Paradoxalmente, axudar a un investigador que comeza, para darlle visibilidade, é outro dos motivos, aínda que o menor (non chega ao 2%). Tamén sorprende que se teña en conta o papel dalgún destes investigadores como futuro revisor de artigos científicos, establecendo así de antemán unha sorte de “Captatio benevolentiae”, de “favor por favor” nen moi ética nen moi discreta tampouco.

b) Por outra, as citas coercitivas ou a presión por engadir unha cita determinada- un traballo específico- a unha investigación co gallo de resaltala e aumentar o seu impacto, mesmo si non ten directamente coa investigación. Unha práctica que provén de determinados editores para que revistas ou publicacións do seu grupo editorial, e preferiblemente recentes, aumenten a súa visibilidade. Mark Whillite fai unha sondaxe entre diversos investigadores e as resultas da súa enquisa son concluíntes : máis dun 35% coñecen a práctica e un 14% admite ter sido vítima dunha coacción.

Como evitar estas prácticas ou como detectalas? Certamente, ás veces o engano é moi sutil, como pode ser o caso dos autores “pantasma” ou  a liña vermella que separa aos autores “reais” dun TFG.  O que parece palmario, dos dous casos que aquí amosamos, é que o engano é algo universal e que é moi difícil de apalpar nalgunhas ocasións, o que non excusa de tentar atopar xeitos de facelo. Adam Whillite fala da necesidade de evitar a práctica da autocita, por exemplo, nos artigos científicos.  No caso dos TFGs e os traballos “encargados” polo alumnado hai unha cuestión baixo todo isto : qué ferramentas (tanto éticas como de competencias informacionais) están a desenvolver xs universitarixs de agora mesmo.

 

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar un comentario

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Día das Letras Galegas 2019

Antonio Fraguas Fraguas