BUSC, Catálogo, De autor, Exposicións

Lembranza e homenaxe a Juan A. Hernández Les na Facultade de Ciencias da Comunicación

Cartaz da exposición en lembranza do profesor Hernández Les na Facultade de Xornalismo.

Cartaz da exposición en lembranza do profesor Hernández Les na Facultade de Xornalismo.

Hoxe, 29 de abril, inaugurase na Facultade de Ciencias da Comunicación a exposición bibliográfica adicada á memoria e o traballo do profesor e crítico de cine Juan Hernández Les, falecido o pasado mes de xaneiro.  Despois da inauguración  proxectouse  a película “Casablanca”, comentada polo profesor D. Luís Hueso.  A exposición percorre tódolos traballos e colaboracións do profesor Hernández Les en distintos medios ao longo da súa carreira académica e profesional, e poderedes visitala nos vindeiros quince días.

Deixamos algunhas ligazóns para que podades coñecer tanto o seu traballo como a pegada que deixou en xeracións de estudantes e comunidade universitaria. No catálogo da BUSC podedes consultar artigos, libros e traballos da súa autoría. Para nós, tamén era una xoia o seu blog,  Preferiría no hacerlo, que alimentaba semanalmente con suxestivos e interesantes artigos. A derradeira entrada, días antes do seu pasamento, adicábase a Mirabeau. Podedes lela aquí. E, como non, salientar tamén algunhas das lembranzas de coñecidos como Manuel Hidalgo, que lle adica esta fermosa despedida nas páxinas do xornal El Mundo: “Juan Hernández Les: la intensidad de una mirada”. 

 

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Día das Letras Galegas 2019

Antonio Fraguas Fraguas

Advertisements
%d bloggers like this: