De autor, Exposicións, Varios

Exercitando o músculo cultural na rede (III): Paul Strand en México

LOURDES PÉREZ GONZÁLEZ

Coberta da obra “Paul Strand en México”, editada por La Fabrica e con signatura TR 1231. Prema na imaxe para ver o rexistro no catálogo da BUSC.

Levamos xa un tempo recluídos, pero nos nosos pensamentos un milleiro de rúas e prazas están a esperar por nos, e podo asegurar que unha vez posto o pé nelas o espazo público vai ser noso ata farta. En mentres, propoñemos un libro que por sorte saíu dos nosos andeis antes do peche- mágoa que que neste confinamento tendente ao virtual o verdadeiro bunker de información da nosa biblioteca non estea espallado polos nosos fogares- trátase dunha obra rica e singular, estamos a falar do libro editado por La Fábrica Paul Strand en México magnifico traballo presentado por James Krippner con estudos de Alfonso Morales Carrillo, Katherine Ware, Leo Hurwitz e David Alfaro Siqueiros. E o recomendamos por que pensamos que se trata dun rico arquivo da memoria que ben nos pode servir de inspiración para a creación e o debate público no contemporáneo.

Strand en México é unha obra de coidada edición en gran formato onde se recollen e analizan os 234 negativos que o fotógrafo obtivo en México e ven acompañada da película Redes (1936). Os negativos son un material coetáneo aos sucesivos gobernos que se deron en México trala presidencia de Plutarco Elías Calles e antes do nomeamento de Lázaro Cárdenas.

O corpo de imaxes do libro teñen como base o que fora  The Mexican Portfolio (1932-33), editado polo propio Strand logo de rexeitar a exposición das fotografías nunha galería, accesible tan so a un público reducido e considerar o libro como un artefacto máis democrático. O Portfolio neste sentido é un ensaio seminal do que serán as súas seguintes obras.

A película dunha grande complexidade no seu proceso de creación é un importante relato da loita duns mariñeiros polos seus dereitos aos que se chega pola formación dunha colectividade política que lles leva a emancipación.

Despois de ver Redes, nos sumamos as verbas de agradecemento do actor mexicano Alexander Kirkland cando lle dixo :

“Non é culpa miña de que non existan frases para expresar a miña gratitude: é preciso acuñar novas verbas para eloxiar Redes.”

Non temos espazo para falar da complexidade da obra en tanto de crónica ou vestixio dunha época, pero si poderíamos dicir que pese a que o autor sempre defendeu a obxectividade da imaxe como documento en realidade o que nos deixou foi sen dubida é un ensaio visual utópico e a construción dunha realidade posible de base marxista onde aparte de dignificar as terras, as tradicións e as xentes de México se convirte nunha peza clave para entender un mundo artístico e intelectual neses anos tan convulsos

 

Deste xeito o rematar de ler e ver a obra todos o que nos chegan son correspondencias e diálogos – diálogos cinematográficos no caso de Robert J. Flaherty (Nanook of the north, 1922), John Grierson (Drifters, 1929), Jean Vigo (A propos de Nice, 1930), Carlos Velo (Almadrabas, 1933), Carlos Velo e Rodolfo Halffter (Infinitos, 1935) ou Carlos Velo (Finisterre,-Galicia 1936) e de imaxe fixa entre Lewis W. Hine ou o propio Rulfo- así como conexións cun debate político e estético que se estaba a dar nese momento no planeta; neste sentido Strand si que nos deixou unha testemuña con a clara intención de que a dignidade das xentes gañaran espazo fronte a opresión e a miseria.

 

Foto fixa de “Redes”.

Para entender este rico legado fotográfico debemos facer un pequeno percorrido pola vida do autor.

Paul Strand naceu en Nova York, fillo único dunha familia de inmigrantes xudeus que vivía en parte gracias a axuda dunha tía mestra; a familia pese a non ter moitos recursos lle pagan os estudos na Ethical Culture School, ECS; escola onde primaba o ensino do mundo a través dunha mirada ética e que nas verbas do que sería o seu mestre Lewis H. Hine o seu obxectivo era dar os alumnos “unha sensibilidade especial a aqueles que serían artistas no tempo”; unha das actividades escolares de Hine era levar aos seus estudantes á mellor galería de arte contemporáneo de Nova York, esta era nin mais nin menos que a situada no 291 da Quinta avenida dirixida por Alfred Stieglitz, mentor de Strand que o considerou xa dende moi novo un dos grandes fotógrafos da súa xeración.

É na galería de Stieglitz onde Strand coñece os artistas contemporáneos mais importantes e innovadores de Europa (Picasso, Cézanne, Henri Rousseau) e tras unhas cantas visitas á mesma decide dedicarse á fotografía. Axiña Strand queda vinculado á 291 e ao grupo de artistas e intelectuais da mesma, a relación con estes marcará a súa visión da arte como ferramenta para abordar o mundo fóra dos canles comerciais daquela imperantes na cidade.

A finais dos anos 20 realiza unha importante viaxe a Novo México coa súa primeira muller Rebecca Salsbury, con Georgia O’Keeffe e con parte do círculo de Stieglitz; alí atópase o reverso da cidade de Nova York : un pasado colonial, a inmensidade da paisaxe e a cultura dun pobo ancestral. Isto vai ser o substrato do seu Portfolio mexicano.

Lavandeira irlandesa, MET.

Os códigos de Novo México, xunto as lecturas da mexicanidade do grupo, fan que Strand leve unha idea preconfigurada de México e as súas xentes nos seus códigos artísticos e intelectuais que quedarán logo plasmadas na súa crónica e encadre fotográficos.

A volta de México e tras rodar a película Redes, Strand se centra no cine- sen abandonar nunca a fotografía- e funda a Frontier Films (1934), unha importante compañía de documentais onde priman os ideais de “we the people”. Pouco despois incrementa o seu activismo e funda xunto a Berenice Abbott a Photo League en Nova York (1936). A labor de ambas é inxente e o resultado é a chea de arquivos fílmicos e fotográficos coas mellores imaxes sociais da época; todo se mantivo relativamente ben ata que se deu o xiro político conservador e Strand sufre a persecución do Comité de Actividades Antiamericanas e decide autoexiliarse en Francia.

Os seus traballos a partir de agora – Francia (1950-1951), Italia (1953-1954), Illas Hébridas (1954), Exipto (1959), Marrocos (1962), Ghana (1963-1964), Romanía (1967) – terán a intención de plasmar o mundo e as súas realidades e en todos eles levan en parte o substrato do que foi a súa primeira serie: o Portfolio.

Os recomendamos a obra así como os magníficos debates, películas e conferencias que xiran arredor do traballo deste impresionante fotografo e cineasta. Saúde.

Outros recursos:

Ademáis das películas referenciadas, que teñen cadansúa ligazón no caso de estaren dispoñibles na rede, engadimos dous traballos máis sobre a figura e obra de Pail Strand.

. El fotógrafo Juan Rulfo, Museo Amparo de México (2017)

. La fotografía de Paul Strand / Peter Barberie; Fundación MAPFRE (2013)

Sobre Frontier Films: hai un artigo moi interesante, que se pode consultar en Jstor, de William Alexander Frontier Films, 1936-1941 : the aesthetics of impact


NOTAS

O libro para Strand é sen dúbida unha peza fundamental na democratización da cultura, aínda que non é a nosa intención falar de tódalas obras de Strand, si debemos salientar dous dos seus grandes proxectos:

-O primeiro , Time in New England: 106 Photographs / Paul Strand; Nancy Newhall. — New York : Oxford University Press, 1950. Este é un traballo especial e trátase dun percorrido polas terras de Nova Inglaterra, nos que as imaxes escollidas de Strand van acompañadas dos textos de Nancy Newhall onde a autora recolle breves alegacións ao quaquerismo, o abolicionismo e os dereitos dos traballadores. O libro foi editado logo da persecución de Strand polo Comité de Actividades Antiamericanas e despois de atoparse sen editor en Estados Unidos acepta a publicación a sede de Nova York do editorial Oxford University Press. Obra que non ten desperdicio e se descubre nel o pensamento que ten Strand e moitos outros intelectuais perseguidos arredor do xiro fascista que se estaba dando dentro goberno Americano ao tempo que trata de facer memoria do mellor da política de emancipación de Nova Inglaterra.

-O segundo proxecto, Ghana: Photographies De Paul Strand / Paul Strand et Basil Davidson.—París : Chene, 1976; acontece con esta obra o que lle pasou a moitos autoexiliados norteamericanos, como foron os casos dos nosos benqueridos James Bladwin e Nina Simone, todos eles intentan ir a procura da liberdade na Africa recen liberada, estudando a súa realidade e tratando de entender o seu pasado, presente e o que estes podían aportar nun futuro descolonizador. Ambas obras son pezas de todo un proxecto e traballo de vida no que Strand mediante o encadre fotográfico trataba de mostrar un mundo en cambio pero sempre cun pasado a costas.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Día das Letras Galegas 2019

Antonio Fraguas Fraguas

A %d blogueros les gusta esto: