Acceso Aberto, Comunicación científica, Varios

“Depredadores” e impostores, listaxes negras e OA : non é todo tan sinxelo

Tyrannosaurus_resting_pose

“Tyrannosaurus resting pose” by ssr ist4u from Ibaraki, Japan – Tyrannosaurus ティラノサウルスUploaded by FunkMonk. Licensed under CC BY-SA 2.0 via Wikimedia Commons – (Prema na imaxe para chegar á ligazón orixinal)

L.G.

Sempre que falamos de revistas en Open Access, dalgún xeito acabamos falando de Jeffrey Beall. Desde o seu traballo como bibliotecario na Universidade de Denver, Beall mantén un blog no que denuncia o que, considera, son prácticas “depredadoras” por parte dalgunhas revistas das chamadas “vía dourada” do OA. Revistas con títulos xenéricos, moitas delas sen ningún artigo, falta ou inexistente rigor no proceso de revisión, son sen dúbida un exemplo tanto do fraude como das malas prácticas que envolven algúns aspectos da comunicación científica, o que poderíamos resumir  coma o intento de aproveitarse dos investigadores e a súa necesidade de publicar: o famoso “publish or perish”. Coma ben sinalaba no seu blog xa hai tempo Álvaro Cabezas, polo que chegamos a coñecer tanto o blog coma o traballo do bibliotecario americano, son revistas que non deberían ser tidas en conta en ningún proceso de avaliación científica riguroso.   A listaxe anual de “Predatory publishers” de Beall convertiuse nunha ferramenta fundamental para detectar enganos e advertir das fallas do proceso. Agora ben, a figura de Beall empeza a ser cuestionada por algúns membros da comunidade científica,sobre todo a vinculada mais directamente ao OA, tildándoo nalgúns casos de “enemigo do acceso aberto”. Sexa considerado heroe ou villano, a lista que confecciona  segue a ser, coma decíamos ao principio, un referente. Entón, cal é o problema?  Pois que as cousas quizais non sexan tan sinxelas e teñamos que ver algo mais polo miúdo o asunto.

 No seu artigo The Open Access Movement is not really about Open Access -curiosamente publicado en una revista OA- Beall afirma que a pretendida ética do acceso abierto enmascara a un movemento anticorporativista que pretende derrubar o sistema de comunicación científica, restrinxindo a libertade de publicación e conducindo aos xoves investigadores a publicar en revistas de dudosa reputación e menos control. É decir:  identifica ao Open Access coma un movemento “contra algo” e non “a favor de algo”, coma se ese fermoso idealismo e militancia se empañasen por unha profunda irresponsabilidade, que é a que pon en segundo plano un sistema de suscripción por un sistema de pago por publicación.  A resposta non se fixo esperar. Nun artigo titulado Parting company with Jeffrey Beall, asinado por Joseph Esposito, este autor recoñece a valía do traballo de Beall  pero manifesta a súa repulsa ao que eles consideran que é o eixo fundamental do seu discurso: a consideración de que o OA intenta colectivizar a producción científica e negar a diversidade do sistema de comunicación. Para Esposito, as acusacións de Beall teñen un sesgo tamén moi político, algo inadmisible cando se fala de ciencia, engadindo que parte do erro de identificar a un grupo polos membros mais extremos do mesmo. Michael Eisen, un dos editores de PLOS, no artigo titulado – atención!- Beall’s litter vai desmontando punto por punto as acusacións de Beall. Eisen identifica ao OA coma un movemento social, de visibilidade e democratización da ciencia, pero también un modelo de negocio que, a pesares de tódolos problemas, está adquirindo pulo. E o que menos precisa é de dúbidas sobre a súa credibilidade.  Outro aspecto que ambos tamén critican é a identificación que fai Beall da publicación en determinados países como mais ou menos fiable e de que as revistas de vía dourada- cuxas editoriais son, nalgúns casos, de difícil localización “física”, posibilita e incrementa esa fenda entre países do norte e do sur. Moito mais contundente se cabe que os anteriores é a opinión de Walt Crawford en The sad case of Jeffrey Beallonde sinala varias contradiccións na famosa lista e nega a consideración sostida por Beall de que a revisión por pares é nas revistas de OA un asunto menor. E, para rematar,

Eisen, Esposito e Crawford  recoñecen os problemas que existen no sistema da vía dourada. E non é para menos. Nos pasados anos déronse algúns casos bastante chamativos destes fraudes. O famoso caso do “artigo” titulado Get me off your fucking mail list- que non era mais que un pataleo dunha investigadora ante a morea de spam que recibía dalgunha dubidosa revista e que foi aceptado para a súa publicación- ata o paper- tamén aceptado-asinado por Marge Simpon e Edna Krabappel e que serviu para desenmascarar outra revista enganosa. Pero estas malas prácticas non son privativas das revistas chamadas depredadoras.  O famoso caso de Alan Sokal – que consigue publicar na prestixiosa Social Text un galimatías incomprensible e feito a propósito- ata o xerador automático de papers SciGen. Convén deterse nunha das  mais recentes “coladeiras”a revistas en OA e a outras de Elsevier, Sage e Wolters-Kluwer. O experimento de John Bohannon, explicado de xeito minucioso no seu artigo Who’s afraid of peer-review, demostra que os procesos de revisión por pares foron mais rigurosos nalgunhas revistas OA que en revistas do sistema tradicional de publicación de STM. Bohannon non rexeita o traballo de Beall, pero intenta mostrar unha actitude neutral,ademais de facer un repaso sobre os valedores da calidade e fiabilidade das revistas en aberto, caso do DOAJ.  No artigo titulado Alien vs Predatory journals, lembran ben o traballo de Crawford no que se critica, e moito, as 38  revistas incluídas no JCR e que tiveron que ser borradas por auto-citas ou crear unha sorte de “colexio invisible”: unha elite de citas cruzadas entre investigadores. Esta mala praxis fai moito tamén pola inflación do sistema en canto a criterios de avaliación de calidade. E se falamos de ética, cabe citar o traballo que se fai no Retraction watch, onde se apela a necesidade de que que se visibilice a retracción dos artigos científicos co obxectivo de mellorar a calidade da investigación e do avance da ciencia en valor absoluto.

Coma conclusión, a que ofertaba @jordipanigaua  no blog Aldea Global mencionado antes: non todo é branco ou negro. E a mellor conclusión é a que obtemos da lectura do artigo Beyond Beall’s list, de Monica Berger and Jill Cirasella. Nun intenso párrafo final, as autoras apelan ao traballo dos bibliotecarios coma actores importantes, tanto na detección das conductas fraudulentas como no impulso e promoción das boas prácticas. Quizais esta sexa a parte mais importante para todos nós: a necesaria reivindicación dos profesionais de información no proceso de comunicación científica e coma asesores en toda as cuestións relativas a avaliación de actividade investigadora. E non soamente iso: tamén coma promotores da visibilidade da producción científica, pero tamén da promoción da ética e boas prácticas.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

%d bloggers like this: