Latest Post

ChatGPT na comunicación científica

L.G.

No pasado mes de marzo coñecíamos a nova de que Elsevier, máis ben os seus revisores, encaixaron un gol ou máis ben un golazo: nun artigo publicado nunha revista de Q1 os autores esqueceron eliminar as apostilas orixinadas por Chat GPT e as persoas encargadas da revisión nin se decataron.

Obviamente, esto orixinou unha grande polémica nos altofalantes da nosa época-as redes sociais- e máis especialmente en X. Dende a perplexidade do primeiro momento pasóuse á indignación cando comezaron achegarse máis e máis exemplos de IA inserta en fragmentos de artigos:

Ou mesmo un recoñecemento de por que non hai datos actualizados nunha captatio benevolentiae que ata provoca algo de compasión:

O que pon enriba da mesa todo este asunto é a validez das revisións feitas por revistas consideradas prestixiosas en termos estritamente bibliométricos, pero que poden ter unha taxa de retracción que cuestiona en grande medida ese traballo de supervisión e cribado. Traballar a prol dunha revisión por pares aberta parece ser unha das reivindicacións máis sólidas, además de ser un dos piares da Open Science.

Nos pasados días, lemos en Retraction Watch unha entrada sorprendente: a listaxe de revistas e editoriais ás que tamén seica se “lles pasou” o de limpar a IA, ou sexa, de seren sospeitosas de usar Chat GPT… e non decilo A listaxe vaise incrementando por dia e, sen querer soar apocalípticas, evidencia unha importante fenda nos sistemas da avaliación e control de calidade das publicacións académicas. A listaxe comezou como unha denuncia por parte de Guillaume Cabanac (@gcabanac en Tw or X) e parece que está axitando conciencias e fomentando que a comunidade investigadora traballe ben a prol da transparencia… aínda que algunhas editoriais non fagan nada ao respecto:

Podemos falar dunha reacción máis oficial? A European Comission publicou recentemente as Living Guidelines for the responsible use of IA in generative research, onde se avoga por un uso ético e transparente da IA, especificando a necesidade de sinalar as ferramentas de IA coas que se traballou na investigación.

Máis centrados no ámbito bibliotecario, ICOLC publicou unha declaración sobre a concesión de licenzas ( e o posible uso de IA nelas) nos consorcios e REBIUN constituiu recentemente o seu Observatorio de Inteligencia Artificial, que ten entre os seus obxectivos a identificación de tendencias e establecemento de boas prácticas no uso da IA. Polo que vemos, tarefa moi necesaria.

Para rematar, unha curiosidade. No editor, gratuíto, de WordPress que usamos para este blog, xa tivemos a oportunidade de probar como facer un abstract dunha das nosas entradas. Velaquí a proba:

Máis información:

Ethics guidelines for trustworthy IA

European Code of conduct for research integrity

(Con posts en X dos autores citados e seguindo fíos de Angel M. Delgado-Vázquez @amdelvaz. Moitas grazas por difundir).

RSS Sin lugar a dudas: blog de la Biblioteca de la UC3M

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.

Estatísticas do blog

  • 53.968 visitas

O falar non ten cancelas

Tódolos contidos deste blog, salvo indicación en contrario, atópanse baixo a licenza:

Licenza Creative Commons
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución 4.0 Internacional.

Arquivo

Categorías

BUSCa no catálogo

CODIGO QR DO BLOG

Código QR do Blog

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño, foto de Henrique Alvarellos

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

Xose María Díaz Castro, Letras Galegas 2014

Imaxes da galería fotográfica da Xunta de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística, cedidas por Luis González Tosar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Xosé Filgueira Valverde, Letras Galegas 2015

Retrato de Xosé Filgueira Valverde

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María, Día das Letras Galegas 2016

Manuel María Fernández Teixeiro en imaxe de Xosé Castro

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno imaxe de chairego apc con licenza CC BY 4.0

Día das Letras Galegas 2019

Antonio Fraguas Fraguas